Miña mai, miña maiciña
miña mai do corazón
moitas mais hai polo mundo
pero como a miña non
Pandareta, pandareta
pon as ferreñas de punta
aghora que anda bailando
fermosura toda xunta
Daquel lado non hai rosas
que as quitaron das roseiras
deste lado si que as hai,
vivan as mozas solteiras!
Hein-cho de dar, queridiña
hein-cho de dar, que o teño
o peine p'ra te peinar
e a cinta p'ra atá-lo pelo
Asubios e ajrús
no lughariño do Outeiro
asubios e ajrús
ti non era-lo primeiro