Cantigas atopadas: 459

A raposa anda descalza

Porque non ten que calzar

Calzaba unhas zapatillas*

Se llas deixaran roubar

Vós que levade-la iaña

Mociñas do cabeceiro

Vós que levade-la iaña

Levarede-lo carneiro

Asubin por unha liña

E beixei por unha xesta

Serves pra vaca de carro

Que levantas ben a testa

Xa vou dá-la despedida

Non vo-la quixera dar

Que se van as camaradas

Non me queren aghardar

Se o mar tivera varandas

Ia-te ver ao Brasile

Mai-lo mar non ten varandas

Meu amor, por ond'ei d'ire

Aí ven a lancha do mare

A miña é a de diante

Aí ven o meu mariñeiro

Ai ven o meu maleante

Fun morena, fun morena

Son morena, so-no tanto

Tamen o trigho é moreno

E fai o molete branco

Para facer unha festa

Face-la debidamente

Para facer unha festa

As mozas de San Vicente

Xa vou dá-la despedida

xa vou dá-la de repente

miña nai non me crioue

para adeverti-la xente

Teño pulgas na camisa

Na saia teño piollos

Como teño tanto gando

Ós viciños cán-ll'os ollos

Costureira non a quero

Tecelana xa ma dan

Teñen as pernas tolleitas

De estar a carón do chan

Sei tocá-la pandeireta

tocar sei o violín

tamén sei facé-la burla

de que-na fagha de min

Da banda d'alá do rio

ten meu pai unha xesteira

que dá chorismas en maio

coma ghindas da ghindeira

Esta meniña é pequena

pequeniña coma un rato

e o que se meta con ela

vai levar máis que sopapos

Apartá-lo, apartá-lo

O viño tinto do branco

Tamén a min me apartaron

De quen eu queria tanto

Apartá-lo, apartá-lo

O tinto do amarelo

Tamén a min me apartaron

De quen eu queria, e quero

Pandeiro de catro esquinas

Non se toca cunha man

Dai-llo à miña cuñada

A muller de meu irmán

Catro cornos para ti

catro para tua nai

toma, leva-ll'estes catro

p'rò cornudo de teu pai

Olvidaches-te de min

por amar unha veleta

foi-che coma quen cambiou

pano fino por baeta

Eu pedin-ll'o leite à vaca

e a vaca pediu-me a erva

eu pedin-lle a erva ao campo

e o campo pediu-m'a regha

A lua vai encuberta

con panos de tafetán

olliños que a min me queren

nesta terra non están

Namorei-me na bonita

Porque ela cantaba ben

Aghora morro de fame

E o cantar non me mantén

Mariñeiros que traedes

peixe fresco e bó marisco

ide a botá-las redes

à praia de San Fransisco

Asubios e ajrús

no lughariño do Outeiro

asubios e ajrús

ti non era-lo primeiro

Hein-cho de dar, queridiña

hein-cho de dar, que o teño

o peine p'ra te peinar

e a cinta p'ra atá-lo pelo

Pandareta, pandareta

pon as ferreñas de punta

aghora que anda bailando

fermosura toda xunta

Catro con cinco fan nove

son palabras en latín

di-me con quen t’adevirtes

cando saes d’onda min

O raposo anda berrando

na sua casiña nova

que lle levan as galiñas

e ten a muller de angroda

Teño un amor coma un santo

Eu a Dios non llo merezo

todos me din que o venda

e o meu amor non ten prezo

Ese que anda bailando

la madre que lo parió

baila na punta do pé

nas agullas dun reló

Desde aqui de ond'eu estou

vexo a casa do meu sogro

hei-lle de casar un fillo

se está de Dios* ou non morro

O cura chamoume rosa

i eu tamén lle respondín:

"Señor cura, destas rosas

non as ten no seu xardín."

Mandei unha pedra ao río,

non quixo tomar asento:

malo de quen se namora

de nenas de pouco tempo

Hei de facer unha ponte

De Toutón a Redondela

Para paseiar as mozas

E recriar-me con elas

Loureiro, verde loureiro

Malo raio me non parta

Inda non tomei amores

Xa me traés marmurada

Marmurai, marmuradeiras

Tisoiras de recortar

A miña saia é redonda

Non ten máis que arredondar

E a que non canta nin baila

a que vén á polavila?

Vén mirar o que se pasa

p'ra contar en doutro día

Daquel lado non hai rosas

que as quitaron das roseiras

deste lado si que as hai,

vivan as mozas solteiras!

Miña mai, miña maiciña

miña mai do corazón

moitas mais hai polo mundo

pero como a miña non

Acabóusem'o tabaco

acabou-se-m'o fumare

acabaron-se-m'as falas

que tiña para che dare

Quero-te porque te quero

e non sei dicir por que

cando se quere por algho

non é moi fondo o querer

Manüel, Manüeliño

tantas veces, Manüel

miña cariña de rosa

meus olliños de papel

Manüel fixo unha fonte

botou-ll'o bico de prata

as mozas non beben nela

Manüel todo se mata

Manüel fixo unha fonte

botou-ll'o bico de vidro

as mozas non beben nela

Manüel mata-se vivo

Manüel fixo unha fonte

botou-ll'o bico de pedra

as mozas non beben nela

Manüel todo rabea

Olvidaches-me, olvidei-te

nada che quedei debendo

deches-me carta de pago

dei-ch'o recibo correndo

A Candelória no Pegho

o Ecce-homo en Cerdedo

santa Apolónia en Quireza

para mozos, Sabucedo

O cura de San Martiño

non ten saia nin capelo

que viva o noso de Castro

que o ten de terciopelo*

En Soutelo hai boas mozas

Figheroa ghana delas

dando a volta por Vilar

carabillas pr'às cancelas!

D'aqui d'onde estou ben vexo

dous olliños nun burato

ou son os do meu amor

ou son os d'alghun lagharto

Case, case, que te quixen

case, case que t'amaba

se non fora o case, case

case contigho casaba

Case, case, que te quixen

case, case, que t'amei

por culpa do case, case

case contigho casei

Manüel, Manüeliño

por ti doi-m'o corazón

que dormes con catro cabras

metidas na habitación

Eu sei apañar no toxo

Tamén o sei encarrar

Tamén sei tomar amores

Tamén os sei olvidar

Ponte dereita, rapaza

que che veñen a pedir

eu ben dereita me poño

pero non os vexo vir

Aghora xa s'acabou

O tempo que t'eu amaba

Tres anos e mais un dia

Mira que cegha eu andaba!

Verbo xido, miña purria

Que intervás por areona

Hei-che de valdri-los zúrrios

E rosmarche na morrona

Os mociños que hai aghora

E mai-los que aghora vén

Pegha-ll'a rábia no corpo

Porque lle a barba non vén

Aughiña do pozo clara

Nada a cobra e beb'o peixe

Anda-me con lealtade

Non temas a qu'eu te deixe

Amores, cortei un dedo

Amores, foi ben cortado

Quen te-no mal que o xema

A min non me dá coidado

O carballo da Portela

dá catro clases de frutos

bughallas e bughalletes

landras e mazás do cuco

Hei-me de casar este ano

se non me caso, rabeo

que xa fagho trinta anos

prá seghada do centeo

Adeus á miña casiña

portelo do meu quinteiro

auga da miña fontiña

sombra do meu laranxeiro

Teño máis de mil amigos

aquí non me sinto só

cantarei ao desafío

ninguén teña de min dor

Solteiriña, non te cases

non deixe-la boa vida

que eu ben sei dunha casada

que chora d'arrepentida

Aí vén o vento do mare

aí vén o vento mareiro

aí vén o meu queridiño

vestido de mariñeiro

Vente, ventiño do Norte

vente, ventiño mareiro

Vente, ventiño do Norte

serás o meu compañeiro

Se chove, deixa chover

Si orballa, deixa orballar

Que por mais que chova e chova

de ti non m’hei d’apartar

Pensar, moito; e falar, pouco

que o moito falar é vicio

e o dar palabras ao vento

é sementar no camiño

Agora non canto máis

que vou dá-la despedida

despedida coma ela

non a dei na miña vida

Que levas nesas alforxas

que tanto valor lle dás?

Levo café e azucre

da raia de Portugal

Veño da terra do ouro

veño da terra dourada

veño da terra dos homes

pero non veño casada

Un gato e un empresario

Caíron xuntos nun pozo

E como os dous tiñan unllas

Rabuñárons'o pescozo

A moda de namorar

Esa non a saben todos

O namorar vai no rir

E máis no mirar dos ollos

Se soubera que ti dabas

Pasadiñas por me ver

Tamén t'eu daba palabra

Doutros amores non ter

Salgheiros de pé do río

Raízes da ioutra banda

Eu queria-te falar

E o corazón non me manda

Salgheiros prantei de póla

Amieiros de raíz

Amores que fostes doutro

Para min xa non servís

O meu amor, onte á noite

Pola miña porta andou

Seica andaba ancomodado

Que pasou e non falou

Cala-te, vai-te calando

cara de leite batido

inda me dixeron onte

que tiña-lo anghanido

Cara de cañoto seco

Cala-te, vai-te calando

Qu'eu contigho non me meto

Miña virxe da Peneda

tan altiña se foi pór

por un lado ten Arcade

polo outro, Soutomaior

O carballo da Portela

Dá tres carros de madeira

Un p'ra min, outro p'ra ti

Outro para que-no queira

O candil que non alumbra*

Non se colgha na parede

O amor que non é firme

Non se fai máis caso dele

O candil, por estar alto

Non deixa d'alumear

O amor, por estar lonxe

Non deixa de m'acordar

Miña nai e mai-la tua

quedan no rio berrando

por culpa dunha ghaliña

que ten amores co ghalo

Unha pera, duas peras

non daba máis a pereira

unha era para o xastre

e outra para a costureira

Costureiriña bonita,

dá-m'unha aghulla de prata,

para sacar esta espiña

do corazón, que me mata

Dá-me da pera que comes,

da mazán, un bocadiño,

da tua boca, unha fala

do corazón, un cariño

Pos o sombreiro de lado

porque és fillo de rico,

pode-lo poñer ò d'reito

que eu de ti non necesito

As de Malpica son pescas,

as de Buño son oleiras,

as de Carballo, modistas

e en Silván son costureiras

Quen te viu, quen te verá,

mazanciña colorada,

quen te viu, quen te verá,

non che puiden ve-la cara

O raposo está berrando

no alto de Camariñas

que lle levan os zapatos,

e lle pican as espiñas

O cregho vendiu, vendiu

o que non ten que vender:

vendiu o rabo da burra

por non lle dar de comer

Chamáchesme piro cairo

porque nacín en xaneiro

deixa vi-lo mes de maio

qu'eu subirei ò poleiro

Despedida polos campos

Despedida polas flores

unha despedida triste

tuven* eu cos meus amores

Hoxe rúa, haina, haina

Hoxe rúa ha d'haber

Ela ha de ser en Castro

Ela en Castro ha de ser

És com'unha rán en cuiros,

un sigharro sen camisa,

un leghartiño ó sol,

un sapo morto de risa

Hei-te de mandar á merda

Hei-te de mandar, has d'ir

Cun fol debaixo do brazo

Coma quen ven de pedir

Alabado seia* dios*

que xa veu a barateza

van os homes a real

catro van nunha peseta

Onde che vai aquel pano

todo cheio de pintiñas

dime con quen repartiches

o cariño que me tiñas