Cantigas atopadas: 9

O raposo anda berrando

na sua casiña nova

que lle levan as galiñas

e ten a muller de angroda

O raposo está berrando

no alto de Camariñas

que lle levan os zapatos,

e lle pican as espiñas

O raposo está chorando

no alto de Carvalliñas

que lle leven unhas zocas

que lle pican as espiñas

Dende o alto da Curota

'tá a raposa dando berros

Que lle tiran o pelexo

Para monetes de cregos

As ovellas de meu pai

teñen a glória ganada

coméronll'a erva ó cura

fun por lan, vin trasquilada

Polo río arriba

vai unha raposa

leva o cu aberto,

non hai que llo cosa.

Malo raio parta o raio

que o meu cabalo fendeu

se non fora o malo raio

cabalo inda tiña eu

Eu onde estou ben vexo

dous coenllos a brincar

tamén vexo os meus amores

e non lles podo falar

Fun á feira de Forzáns

e comprei unha ghaliña

e aghora paso o tempo

CHURRA, CHURRA e PITA, PITA !!!