Aquela que anda no baile
Aquela da mandileta
Que se vaia preparando
Pra tocá-la pandeireta
Ese que anda bailando
la madre que lo parió
baila na punta do pé
nas agullas dun reló
P'ra cantar hai que ter grácia
p'ra beilar hai qu´aprender
nós qu´andamos polo mundo
todo nos cómpre saber
O mozo que entra no baile
ben seria un cabaleiro
ben lle habia de quedare
un pano de seda ò cuello*
Aghora vou a cantar
que parece que dá ghusto
ver este baile bailar
Cantai e bailai meniñas
e ghardai o farropeiro
que a que non canta nin baila
é a que o dá primeiro
Unha volta polo medio,
outra polo d'arredore,
qu'así fai o que ben baila
qu'así fai o bailador-e.
Ese que anda no baile
ten o bailar peneireiro
Dálle media volta á perna
para que lle ruxa o diñeiro
Baila, que che toco eu
ou has de parti-las pernas
ou has de sanar do teu
Baila baila, bota fóra
Que tamén queren entrar
Os demáis que están de roda
E non paran de bailar-e
a culpa témola nós-e
por non parar de tocar-e
Bótall'un agharradiño
que van entrar a bailare
or mozos do Carballiño.
Eu amodiño non podo,
ide busca-lo ghaiteiro
que vos toqu'ao voso modo.
Ide bailar se queredes,
tanto toco para dous-e
como toco para tres-e