Skip to main content

Parabéns

Atoparonse: 7 resultados

Vós que levade-la iaña

Mociñas do cabeceiro

Vós que levade-la iaña

Levarede-lo carneiro

Sachadeiras do meu millo

Sachai-m'o meu millo raro

De milleiro a milleiro

Que caiba un home deitado

Este noso amiño d'hoxe

te-na sona de moi rico

hei-no de levar à feira

d'acabalo dun borrico

Botai d’alá morriñosas

que d’acá botamos nós-e

mataremos un carneiro

i-os collóns serán pra vos-e.

Nós d´aquí e vos d´alá

Somos tantos coma nós

Comeremo-lo carneiro

Os cornos serán p´ra vós

Nós daquí e vos daló

Sodes tantas coma nós

Pasa o río polo medio

A morriña queda en nos

Por aquí pasa unha Aña

por aquí pasa un arañon

As mozas do cabeceiro

Xa non poden co leghon