Cantigas atopadas: 9

Xa vou dá-la despedida

Non vo-la quixera dar

Que se van as camaradas

Non me queren aghardar

Esta meniña é pequena

pequeniña coma un rato

e o que se meta con ela

vai levar máis que sopapos

Teño máis de mil amigos

aquí non me sinto só

cantarei ao desafío

ninguén teña de min dor

Vente, ventiño do Norte

vente, ventiño mareiro

Vente, ventiño do Norte

serás o meu compañeiro

Un adeus eu non cho digo

que é palabra moi triste

entre dous que ben se queren

custa moito despedirse

Onde vai que non nos vimos

máis hai que non nos falamos

xa o camiño bota erva

onde nós paseabamos

Unha boa cantadora

teño-a de par de min

Se me perghuntan por ela

Direi-lles que non a vin

E por cousa do teu

erguéuseme o meu

e se o teu tiña gaña

moita máis tiña o meu

Meu irmán, meu camarada,

meu irmán, meu compañeiro,

axúdame meu irmán

a tocar este pandeiro.