Costureira non a quero
Tecelana xa ma dan
Teñen as pernas tolleitas
De estar a carón do chan
Unha pera, duas peras
non daba máis a pereira
unha era para o xastre
e outra para a costureira
Costureiriña bonita,
dá-m'unha aghulla de prata,
para sacar esta espiña
do corazón, que me mata
As de Malpica son pescas,
as de Buño son oleiras,
as de Carballo, modistas
e en Silván son costureiras
Tu te-los olliños neghros
coma a seda de cosere
se nacemos un p'rò ioutro
que lle habemos de facere
Costureira melendrosa
Delicada no comere
Vai-te detrás do teu amo
Qu'eu non te podo mantere
Dios llo paghe a miña nai
por facerme costureira.
Cando chove non me mollo.
Cando hai sol non me queima.
Costureiriña bonita
foi un palacio coser
na primeira escaleira
xa lle deron que facer
Costureiriña ben guapa
dam'ese alfiler de prata
pra quitar do corazon-e
unha espiña que me mata
Pasei a Ponte de Ourense
paseina na carreiriña.
Tirei un tiro a unha lebre
matei unha costureiriña