Skip to main content

Parabéns

Atoparonse: 7 resultados

Hei d'ir á túa seitura,

Ai! hei d'ir á túa seghada,

hei d'ir á túa seitura

qu'a miña vai acabada.

Aghora que veu a noite

Xa vén a nosa aleghría,

tristura pró noso amo,

que se ll'acabou o día.

Segha miña fouce segha

por iste panciño raro,

ándoche ghañando a vida

cómprem'andar con cuidado.

Segha miña fouce segha,

Segha por baixo de mao,

Ándoche ghañando a vida,

Mociñar de San Cibrao

Aghora que veu a noite,

veu a miña reghalía,

veu a tristura do amo

porque s'acabou o día.

Cabalo, meu cabaliño,

eu non sei que pode ser,

cando che dou a cebada

tu pídesme de beber.

Corta rente, corta rente,

corta por baixo da mao,

corta rente, corta rente,

mociña de San Cibrao.