Skip to main content

Parabéns

Atoparonse: 23 resultados

Por andar de parranda

Como me vexo

Coas pernas arrastro

Coma un cangrexo

Por debaixo da ponte

Mirei-te pasar

As pernas, María

viñas de lavar

Tanto vestido branco

Tanta farola

E o caldeiro no lume

con ághua sola*

Ai, Marín, Marín

Ai, Bueu, Bueu

Te-las pernas neghras

Hei-chas lavar eu

Eu hei d'ir alá

que queiras, que non

ou pola ventana*

ou polo balcón

Xa fun a Marín

xa pasei o mar

xa comín laranxas

do teu laranxal

Por comer chiculate

murió la reina *

que se foda, carallo

por ghaldrumeira!

E volta e vira

E volve a virar

As voltas do vira

Son boas de dar

Ou porque non queres

Ou porque non sabes

Ou porque che faltan

As habelidades

Papeles son papeles

cartas son cartas

as palabras dos homes

todas son falsas!

O cinto da tua blusa

xa se non usa, toma demónio!

non quero a tua riqueza

quero a pobreza do meu António

O cinto da tua blusa

xa se non usa color café

non quero a tua riqueza

quero a pobreza do meu Xosé

Se o río de Lérez

levara coñac

tódolos borrachos

irían alá

Aperta o sapato

E aperta, José

Aperta o sapato

Que che cai do pé

Toca Brais

ese tamboriliño

E o Pascual

esa gaita con brío

Mira maruxiña, mira como veño

Cunha borracheira que xa non me teño

Que xa non me teño, como m'hei de ter?

Veño da taberna farto de beber!

Ai! Laurentiña!

limón, laranxa verde,

quen non ten amores

nin gana nin perde

Ai! aghora viras tu,

Ai! aghora viro eu,

Ai! aghora viras tu

o meu amor e máis eu

E ti te-lo te-lo

non mo queres dar

e despois de vella

ha-lo de salar

E moito zapato

e moita botina

e todo che sale

do caño de orina

E moita botina

e moito zapato

e todo che sale

do mesmo burato

Aparta do medio

déixame pasar

túa nai é bruxa

quéreme embruxar

Arrou rou, arrou rou

Durme, xa pasou

durme meniño, dúrmete amor

durme meniño, que aí ven o sol