Skip to main content

Parabéns

Atoparonse: 141 resultados

Aí ven a lancha do mare

A miña é a de diante

Aí ven o meu mariñeiro

Ai ven o meu maleante

Olvidaches-te de min

por amar unha veleta

foi-che coma quen cambiou

pano fino por baeta

Namorei-me na bonita

Porque ela cantaba ben

Aghora morro de fame

E o cantar non me mantén

Catro con cinco fan nove

son palabras en latín

di-me con quen t’adevirtes

cando saes d’onda min

Desde aqui de ond'eu estou

vexo a casa do meu sogro

hei-lle de casar un fillo

se está de Dios* ou non morro

Quero-te porque te quero

e non sei dicir por que

cando se quere por algho

non é moi fondo o querer

Manüel, Manüeliño

tantas veces, Manüel

miña cariña de rosa

meus olliños de papel

D'aqui d'onde estou ben vexo

dous olliños nun burato

ou son os do meu amor

ou son os d'alghun lagharto

Case, case, que te quixen

case, case que t'amaba

se non fora o case, case

case contigho casaba

Case, case, que te quixen

case, case, que t'amei

por culpa do case, case

case contigho casei

Ponte dereita, rapaza

que che veñen a pedir

eu ben dereita me poño

pero non os vexo vir

Aghora xa s'acabou

O tempo que t'eu amaba

Tres anos e mais un dia

Mira que cegha eu andaba!

Os mociños que hai aghora

E mai-los que aghora vén

Pegha-ll'a rábia no corpo

Porque lle a barba non vén

Solteiriña, non te cases

non deixe-la boa vida

que eu ben sei dunha casada

que chora d'arrepentida

Aí vén o vento do mare

aí vén o vento mareiro

aí vén o meu queridiño

vestido de mariñeiro

Se chove, deixa chover

Si orballa, deixa orballar

Que por mais que chova e chova

de ti non m’hei d’apartar

Veño da terra do ouro

veño da terra dourada

veño da terra dos homes

pero non veño casada

A moda de namorar

Esa non a saben todos

O namorar vai no rir

E máis no mirar dos ollos

Se soubera que ti dabas

Pasadiñas por me ver

Tamén t'eu daba palabra

Doutros amores non ter

O meu amor, onte á noite

Pola miña porta andou

Seica andaba ancomodado

Que pasou e non falou

O candil que non alumbra*

Non se colgha na parede

O amor que non é firme

Non se fai máis caso dele

O candil, por estar alto

Non deixa d'alumear

O amor, por estar lonxe

Non deixa de m'acordar

Dá-me da pera que comes,

da mazán, un bocadiño,

da tua boca, unha fala

do corazón, un cariño

Pos o sombreiro de lado

porque és fillo de rico,

pode-lo poñer ò d'reito

que eu de ti non necesito

Quen te viu, quen te verá,

mazanciña colorada,

quen te viu, quen te verá,

non che puiden ve-la cara

Alabado seia* dios*

que xa veu a barateza

van os homes a real

catro van nunha peseta

Onde che vai aquel pano

todo cheio de pintiñas

dime con quen repartiches

o cariño que me tiñas

Eu queria-me casare

miña nai, non teño roupa

Casa, miña filla, casa

que unha perna tapa a outra

Anubía e anubía

e anque anubia non chove

o meu amor está malo

e anque está malo non morre

Rio branco, rio tinto,

regatos de tantas cores,

cando os ríos levan tanto

que farán os meus amores?

Algun dia era eu

ramiño da tua man

e agora son a vasoira

con que ti varre-lo chan.

Os ollos cos que me miras

Son como as augas do mar,

Que en vez de matar-me a sede

Moita máis sede me dan

As tellas do teu tellado

botan augha sen chover

as pulghas da tua cama

a min non m'han de morder

Teño lanchas, teño remos

Teño sardiñas no mare

Teño unha moza bonita

Non quero máis traballare

O meu amor dixo-m'onte

que me tiña de ver hoxe

por aghora inda non tarda

que ten a pousada lonxe

De Liñares a Baiste

de Baiste a Rubillón

pasean os meus amores

inda que dighan que non!

Se ti queres, e eu quero

Moza da beira do mare

Se ti queres, e eu quero

Quen no-lo ha de privare

Piñeiro dá-m'unha piña

que eu che darei un piñón

Moreno, dá-m'unha aperta

da raíz do corazón

Onde vai que non nos vimos

máis hai que non nos falamos

xa o camiño bota erva

onde nós paseabamos

Miñas ventanas son d'ouro

e as tuas son de prata

Se o teu corazón non chora

o meu tampouco se mata

Tu te-los olliños neghros

coma a seda de cosere

se nacemos un p'rò ioutro

que lle habemos de facere

Catro cousas hai no mundo

que revolven o sentido

amar e non ser amado,

querer, e non ser querido

Faláchesme de casare

E ieu casar, casaría

se a vida de casada

fora a do primeiro día

Non te namores, meniña

co mariñeiro do mar,

arma a vela, e arma a vela

e vai cara ao seu lughar

Hoxe é luns, mañán é martes

cuarta-feira logho vén...

Domingo tarda-me un ano,

p'ra ver a quen quero ben

Ven-te conmigho, laranxa

Deixa quedar o limónhe

Durmirás na miña cama

Perto do meu corazónhe.

Miña nai mandou-m'à fonte

cun vaso de cantería

Nin bebín, nin troien ághua

nin falei a quen quería

Fuches falar mal de min

A xunto dos meus amores

Fai de conta que botaches

augha por riba das flores

Non te quero para dama

miña cara de papele

Non te quero para dama

quero-te para mullere

Mariñeiriño do mar

que no mar andas metido

Di-me, ti, dos catro ventos

cal é o máis atrevido

O mar anda que desanda,

anda que desaparece.

Quen ten amores non durme,

quen non os ten, adormece

Como che vai, miña Rosa?

Como che vai, miña flor?

Desde que ti me deixaches

A cada paso, millor

As ervas do campo secan

E volven enverdecere

Así fan amores vellos

Cando se volven a vere

Se eu lla soubese ler

respondia à sua cartinha,

Quen me dera de saber

se sua saudade é igual à minha

No ceo brila unha estrela

Naceu e non aparece

Meteuse na túa cara

Nos teus ollos respladece

Agora non canto máis-e,

nin canto nin cantarei-e.

Que me levan o amor,

para o servicio do rei-e.

P'ra que me dixeches, deño

que tiña cara de rosa

dende entón cando te vexo

dá-me asi como verghoña

Antes eran os teus ollos

Os que a min me daban pena

Aghora non son os Teus

Son os doutra morena

Ponte dereita, rapaza

Que che veñen a pedir

Eu ben dereita me poño

Pero non os vexo vir

Miña nai e mai-la túa

quedan no rio a berrare,

por culpa dunha galiña

que quería namorare

Se queres que io te quiera

terá ser con condeción-e.

Que o teu seia pra min-e

mai-lo meu para ti non-e.

Has de cantar

que che hei de dar zonchons;

has de cantar,

que che ei dar moitos

*Rosalia de Castro

Canta, meniña

na veira da fonte;

canta e dareiche

boliños do pote

* Rosalia de Castro

A cantar gañei o dote

A bailar, o casamento.

Se miña nai fora outra

xa me tiña nun convento.’

Se tu me quixeras ben

Como ch'eu quero a ti-e

Farías do lonxe preto

Viríasme ver eiquí-e