Skip to main content

Parabéns

Atoparonse: 14 resultados

Costureira non a quero

Tecelana xa ma dan

Teñen as pernas tolleitas

De estar a carón do chan

Costureiriña bonita,

dá-m'unha aghulla de prata,

para sacar esta espiña

do corazón, que me mata

As de Malpica son pescas,

as de Buño son oleiras,

as de Carballo, modistas

e en Silván son costureiras

Tu te-los olliños neghros

coma a seda de cosere

se nacemos un p'rò ioutro

que lle habemos de facere

Costureira melendrosa

Delicada no comere

Vai-te detrás do teu amo

Qu'eu non te podo mantere

Dios llo paghe a miña nai

por facerme costureira.

Cando chove non me mollo.

Cando hai sol non me queima.

Costureiriña bonita

foi un palacio coser

na primeira escaleira

xa lle deron que facer

Costureiriña ben guapa

dam'ese alfiler de prata

pra quitar do corazon-e

unha espiña que me mata

Pasei a Ponte de Ourense

paseina na carreiriña.

Tirei un tiro a unha lebre

matei unha costureiriña

Costureira en primavera

Botará-la sementeira

Labrarás sen ter arado

Nin máis outra ferramenta

A costureira no vránhe

Camisa e saia cortou

Inda se ía deitare

Cand'o sol alvoreou

Costureira polo outono

Urdidoira polo vrán

Pon-se-ll'a cara morena

E as carnes como azafrán

A costureira no inverno

Coa máquina a traballare

À beiriña da lareira

Vai frio, non é verdade?

Pasei a ponte do Cando

paseina dunha carreira

pensei pillar unha troita

collín unha costureira