Skip to main content

Parabéns

Atoparonse: 10 resultados

O cura chamoume rosa

i eu tamén lle respondín:

"Señor cura, destas rosas

non as ten no seu xardín."

O cura de San Martiño

non ten saia nin capelo

que viva o noso de Castro

que o ten de terciopelo*

O cregho vendiu, vendiu

o que non ten que vender:

vendiu o rabo da burra

por non lle dar de comer

O cura da miña aldeia

padricando o mes pasado,

xurou polos seus tres fillos

que nunca tivo pecado

O cura e máis a criada

ordenaron de cocere

a leña estaba no monte

e a fariña por moere

Unha vella dixo a outra

polo cachucho da porta:

si ch´o crego pide un bico

dálle unha figa retorta

Ó abade de Covelo

morreulle a besta marela

tódolos qu´aquí non canten

levan o camiño dela

O cura cando vai fóra

leva a criada na burra

na primeira carballeira

dalle unha sacudidura

O crego cando vai fóra

déixalle dito à criada

veña trade, veña cedo,

déitate na miña cama.

Roubei na casa do cura

pensando que estaba a durmir

entrar non me foi difícil

o carallo foi saír