Skip to main content

Parabéns

Atoparonse: 7 resultados

Se o mar tivera varandas

Ia-te ver ao Brasile

Mai-lo mar non ten varandas

Meu amor, por ond'ei d'ire

Adeus á miña casiña

portelo do meu quinteiro

auga da miña fontiña

sombra do meu laranxeiro

Alabado seia* dios*

que xa veu a barateza

van os homes a real

catro van nunha peseta

A Lisboa van os homes

a Lisboa por ghanar

Lisboa queda no eido

pra quen quere traballar

Soedades levo, levo

levo-as no corazón

tamén as deixei quedar

no barquiño de Monzón

Neste lughar non hai xente

que foron alén do mar

catro vellas que quedaron

moito non han de durar

Soedades hei levar

soedades levo. levo

tamé-nas deixo quedar