Skip to main content

Parabéns

Atoparonse: 49 resultados

Asubin por unha liña

E beixei por unha xesta

Serves pra vaca de carro

Que levantas ben a testa

Catro cornos para ti

catro para tua nai

toma, leva-ll'estes catro

p'rò cornudo de teu pai

Cala-te, vai-te calando

cara de leite batido

inda me dixeron onte

que tiña-lo anghanido

Cara de cañoto seco

Cala-te, vai-te calando

Qu'eu contigho non me meto

És com'unha rán en cuiros,

un sigharro sen camisa,

un leghartiño ó sol,

un sapo morto de risa

Hei-te de mandar á merda

Hei-te de mandar, has d'ir

Cun fol debaixo do brazo

Coma quen ven de pedir

Unha vella dixo a outra

polo furado da porta

ti ghoberna a tua vida

que a miña nada che importa

Sei cantar e sei beilare

sei tocá-la pandeireta.

Tamén sei face-la burla

de quen me fai a puñeta

Debaixo do lavadoiro

cae a auga e medra a herba

ar mociñar deste "pueblo"

mandámolas ir á merda.

O que non canta nin baila

que vén facer ao fiadeiro

hámolo* pór de espantallo

no alto dun castiñeiro.

I-as meniñas de Nodaiga

son poucas e mal honradas,

veu unha nube da feira

deixou a todas preñadas.

Feira Nova, Feira Nova,

feira de perde-lo tempo

onde se venden os homes

a tres ichavos o cento.

Feira Nova, Feira Nova,

feira de perde-lo tempo

onde se venden os homes

a tres ichavos o cento.

Moza qu'estás na ventana

mirando pra quen pasa

se tes ollos de cadela

vente comigho de caza

Para cantar e bailar,

miniña Dios te criou,

para rezar un rosario

outra nena che ganou.

Canta cuco, canta cuco

na rabela do arado

os homes entr'as mulleres

é-che ghando mal ghardado

Chamáchesme pouca roupa

se tes moita teu porveito

teño menos que quitare

á noite quando me deito

Levántate panadeiro

que te viene la mañana

a xente morre coa fame

ti dá-la volta na cama

Inda che hei de botar unha

Inda che hei de botar tres

Unha capa de piollos

Que che ha de chegar ós pés

Miña cuñadiña nova,

non bota sesta lixeira,

durme polo mes d'agosto

esperta na primavera

Vai e dille à tua nai

se che ten en moita estima

que che meta nunha iarca

e que se senten en riba

Tírate desa ventana

cara de sardiñas fritas

que eres capaz de asustar

ata as ánimas benditas.

As garelas de Betanzos

cando van para o muíño

levan un gato esfolado

pra comer polo camiño

Todos en Tui son burros

heinos de cargar de sal

Arre burro, arre burriño!

Arre para Portugal!

Chamachesme pouca cousa

insinuando “pouco vales”

pouca cousa son as moscas

e acaban cos animales

Inda che hei botar unha

inda che hei botar outra

inda che hei botar unha

que che ha de queima-la roupa.

Viñeches a pé de min

por sabé-lo meu en tempo

aghora quedeime rindo

do teu pouco entendimento

E ti dis que tes, que tes

eu vou ver e non tes nada

tiña-la casa caída

a pared'arruinada

Andivécheste gabando

que te querían os mozos,

quen te ha de querer a ti

sacho de cavar nos toxos

Teño unha herba na horta

que lle chaman curriola

Para falares comigo

fáltache un ano de escola

Adiós feira de Famelga

feira de pasar o tempo

onde se van pasear

catro cabezas de vento

Malo raio parta ós homes

o primeiro xa é o meu

que o mando traballar

dime que traballe eu

Por bailar a mazurca

soio por eso

por bailar a mazurca

lévanme préso

Fostesvos ghabar ghabachas

de cousas que non fixestes,

déstesme un bico no cu

que na cara non puidestes

Déchesm'unha pera parda

toda rillada dos ratos

a quen lle deche-los bicos

dá-lle tamén os abrazos

Esta traza non ten traza

a trazante que a trazou

botou as liñas moi altas

o seu tempo non chegou

Chamáchesme trubisquiña

erva que o gando non come

vale mais ser trubisquiña

que muller de ruín home

Arre burro desta porta!

qu'eiquí non se che dá cebada,

ón burro coma tu,

calquera lle pon albarda.

Pensas que porqu'es moi rico

que xa me tiñas na mao,

moitas serdas ten un porco

e mais non sai de marrao.

Na entrada de Seixido

da outra banda do río

hai un letreiro que dice

foder-se ou non ter nacido!

As rapazas do Seixido

non saben lavar un prato.

Pra comer ó outro día

tenllo que lamber o ghato.

Teño unha herba na horta

Que lle chaman correola

Outra no fondo da corte

Que lle chaman "burro, toma!"

E moito zapato

e moita botina

e todo che sale

do caño de orina

E moita botina

e moito zapato

e todo che sale

do mesmo burato

Aparta do medio

déixame pasar

túa nai é bruxa

quéreme embruxar

Hei-te de mandar calar

Hei-te de mandar á merda

Á merda t'hei de mandar

Baila que che toco eu

ou has de parti-las pernas

ou has de sanar do teu

Ai ven o meu valentón

coa correa de carballo

atada ó pantalón

Asubía, asubiou

non tiña barba na cara

quen a min m'amiasou