I-as meniñas de Nodaiga
son poucas e mal honradas,
veu unha nube da feira
deixou a todas preñadas.
Indo de cara a Berermo
Tódolos aires me levan,
Indo de car'autro lado
Nin aires nin cousa "buena"
Lughariño de Freás
de lonxe parece vila
se non foran os penedos
que ten ao lado de riba.
Adio-las mozas de Vila
prendas do meu corazón
qu'hanvos vir ao fiadeiro
noite si e noite non.
Heime de casar ist'ano,
anque sea cun rapaz,
que gaste sombreiro gacho
con perillón por detrás.
Para cantar e bailar,
miniña Dios te criou,
para rezar un rosario
outra nena che ganou.
Arredondáchem' a saia
arredondáchem'o mandil,
arredondáchem'a saia
barriga de tamboril.