Skip to main content

Parabéns

Atoparonse: 17 resultados

Vós que levade-la iaña

Mociñas do cabeceiro

Vós que levade-la iaña

Levarede-lo carneiro

Eu pedin-ll'o leite à vaca

e a vaca pediu-me a erva

eu pedin-lle a erva ao campo

e o campo pediu-m'a regha

Eu sei apañar no toxo

Tamén o sei encarrar

Tamén sei tomar amores

Tamén os sei olvidar

Hei-me de casar este ano

se non me caso, rabeo

que xa fagho trinta anos

prá seghada do centeo

O cregho vendiu, vendiu

o que non ten que vender:

vendiu o rabo da burra

por non lle dar de comer

Sachadeiras do meu millo

Sachai-m'o meu millo raro

De milleiro a milleiro

Que caiba un home deitado

¡Quen fora recheiño ruibo

Pra cantar n-a túa figueira,

Pra non sair do teu horto,

e aniñar na tua silveira!

Durme, meu neniño, durme;

durme, meu pequerrechiño,

que teu pai vaiche traer

da ribeira un paxariño.

Quen me dera en Caroi

un pedaciño de terra

para ir botar a auga

e pasearme por ela.

Se queres que o carro cante

móllale o eixo no río

verás como de mollado

canta coma un asubío

Miña nai ten unto vello

dos porcos que ha de matare

tamén ten berzas na horta

das coles que ha de sembrare

Casariame en Filgueira,

casariame en Vilar;

se non fora pola xente,

que rebenta a traballar,

Nós d´aquí e vos d´alá

Somos tantos coma nós

Comeremo-lo carneiro

Os cornos serán p´ra vós

Nós daquí e vos daló

Sodes tantas coma nós

Pasa o río polo medio

A morriña queda en nos

Viva o noso amo d´hoxe

Que é un ramo d´alegría

Que nos puxo de comer-e

aii!! A gusto de señoría

Por aquí pasa unha Aña

por aquí pasa un arañon

As mozas do cabeceiro

Xa non poden co leghon

As esfolladas do millo

non dan porveito a ninguén

mandei o meu home a ela

adormeceume e non vén