Cantigas atopadas: 20

Aquela que anda no baile

Aquela da mandileta

Que se vaia preparando

Pra tocá-la pandeireta

Se o mar tivera varandas

Ia-te ver ao Brasile

Mai-lo mar non ten varandas

Meu amor, por ond'ei d'ire

Esta meniña é pequena

pequeniña coma un rato

e o que se meta con ela

vai levar máis que sopapos

Apartá-lo, apartá-lo

O tinto do amarelo

Tamén a min me apartaron

De quen eu queria, e quero

Pandeiro de catro esquinas

Non se toca cunha man

Dai-llo à miña cuñada

A muller de meu irmán

O raposo anda berrando

na sua casiña nova

que lle levan as galiñas

e ten a muller de angroda

Teño un amor coma un santo

Eu a Dios non llo merezo

todos me din que o venda

e o meu amor non ten prezo

Ese que anda bailando

la madre que lo parió

baila na punta do pé

nas agullas dun reló

Marmurai, marmuradeiras

Tisoiras de recortar

A miña saia é redonda

Non ten máis que arredondar

E a que non canta nin baila

a que vén á polavila?

Vén mirar o que se pasa

p'ra contar en doutro día

Miña mai, miña maiciña

miña mai do corazón

moitas mais hai polo mundo

pero como a miña non

Verbo xido, miña purria

Que intervás por areona

Hei-che de valdri-los zúrrios

E rosmarche na morrona

Miñas ventanas son d'ouro

e as tuas son de prata

Se o teu corazón non chora

o meu tampouco se mata

Dende o alto da Curota

'tá a raposa dando berros

Que lle tiran o pelexo

Para monetes de cregos

Fuches falar mal de min

A xunto dos meus amores

Fai de conta que botaches

augha por riba das flores

Para Carballo vou rindo,

para Verdillo cantando,

par' a parroquia de Bértoa,

vou como a troita nadando.

Ai, Marín, Marín

Ai, Bueu, Bueu

Te-las pernas neghras

Hei-chas lavar eu

Eu hei d'ir alá

que queiras, que non

ou pola ventana*

ou polo balcón

Mira maruxiña, mira como veño

Cunha borracheira que xa non me teño

Que xa non me teño, como m'hei de ter?

Veño da taberna farto de beber!

Arriba, que abaixo non

Onde se dá a laranxa

Tamén se dá o limon