Skip to main content

Parabéns

Atoparonse: 20 resultados

A raposa anda descalza

Porque non ten que calzar

Calzaba unhas zapatillas*

Se llas deixaran roubar

Teño pulgas na camisa

Na saia teño piollos

Como teño tanto gando

Ós viciños cán-ll'os ollos

Manüel, Manüeliño

por ti doi-m'o corazón

que dormes con catro cabras

metidas na habitación

Que levas nesas alforxas

que tanto valor lle dás?

Levo café e azucre

da raia de Portugal

Pos o sombreiro de lado

porque és fillo de rico,

pode-lo poñer ò d'reito

que eu de ti non necesito

O cregho vendiu, vendiu

o que non ten que vender:

vendiu o rabo da burra

por non lle dar de comer

Eu queria-me casare

miña nai, non teño roupa

Casa, miña filla, casa

que unha perna tapa a outra

As tellas do teu tellado

botan augha sen chover

as pulghas da tua cama

a min non m'han de morder

Hei-chas de dar, Manueliño

Hei-chas de dar se as teño

Papas de millo miudo

Feitas no pote pequeno

Miña soghra aforradora

do que non pode ghastare

inda ten un unto vello

dun porco que ha de matare

Aleghre é a vida do rico

Porque ten no que ghastar

As aleghrías do probe

Son anuncios dun pesar

Miña nai ten tres ovellas

todas elas m'ha de dar

unha cegha e outra coxa

outra xa non pode andar

Se por cantar me pagaran

había de cantar ben

pero como non me pagan

canto mal e fago ben

Cando se emborracha un pobre

todos din que é un borrachón,

cando se emborracha un rico

"qué gracioso está el señor".

Sei cantar e sei bailar

tamén sei pinta-lo mono

Son filla dunha viúda

teño que saber facer de todo

Ti deixachesme por pobre

eu por rico te deixei.

Vale máis pobre con honra

que rico de mala lei.

Cando era pequeniño

e tiña que ir co ghando

comía a merendiña

antes de chegar ao prado

O carballo que é pequeno

Tamén dá pequena a sombra

à meniña que é honrada

pouca riqueza lle abonda

Para quen traballo eu?

traballo días e noites

non teño nada de meu

Que levas en esa saia

que tanto valor lle dás?

Levo garvanzos e fabas

para ir estraperlar