Skip to main content

Parabéns

Atoparonse: 8 resultados

Da banda d'alá do rio

ten meu pai unha xesteira

que dá chorismas en maio

coma ghindas da ghindeira

Miña soghra aforradora

do que non pode ghastare

inda ten un unto vello

dun porco que ha de matare

Miña sogra é estanqueira

vendedora do tabaco

aghora que vai no inferno

háo de vender barato

Pasei pola túa porta

mireite polo cerrollo

e a parva da túa nai

meteume un chusco no ollo.

Anda dicindo tua nai

que non me quere p'ra nora

inda eu non decidin

se eu a quero por soghra

A miña sogra morreume

e enterreina no palleiro

deixelle o brazo de fóra

pra que tocara o pandeiro

Miña sogra din que é bruxa

heina de facer rabiar

Nin lle m'hei casar co fillo

nin llo hei deixar casar

A miña sogra é unha "zorra"

heina de facer rabear-e

nin me ll'hei casar coa filla

nin lla hei de deixar casar-e