Atoparonse: 159 resultados
A cantar gañei o dote
A bailar, o casamento.
Se miña nai fora outra
xa me tiña nun convento.’
Se tu me quixeras ben
Como ch'eu quero a ti-e
Farías do lonxe preto
Viríasme ver eiquí-e
Que ben ch'está a ghurriña
reghaliño dos meus ollos,
que ben ch'esta a ghurriña
non che ll'está así a todos.
E estou pra pasa-lo río,
e estou pra non o pasar,
e estou pra tomar amores,
e estou pra non os tomar.
Cantan os ghalos ao día,
meu amor írghete e vaite,
Como m'hei d'ir quiridiña?
Como m'hei d'ir e deixarte?.
Quen me dera dar una ai-e!
e atrás do aie un suspiro,
quen me dera te-lo corpo,
onde teño o meu sentido.
Eu pidin-llo onha nena
no porteliño do prado,
respondeu-m'a picarona
Qu'estaba o campo mollado.
Maruxiña dam'un bico
heiche de dar un abrazo,
non quero bicos dos homes
Que me saben ao tabaco.
O meu amor olvidoume
pensando que eu que choraba,
nunca chorei por amores,
era aghora o que me faltaba.
Eu a Lobeira non vou
ca se non párome moito
unha faliña tras outra
falar d'amor prende moito.
Toca o pandeiro María
e penícallo Manuela,
no camiño me dixeron
qu'eras a flor da canela.
Manoel, Manoeliño,
Manoel feito de cera,
quen me dera se-lo lume
pra que Manoel derretera
Ben te vin entrar na misa,
ben te vin arrodillar-e
e por culpa de te ver-e
non me poiden presinar-e
Esta noite e maila outra
e maila outra pasada
abanei unha pereira
que nunca fora abanada
Chamáchesme moreniña
á vista de tanta xente
e aghora vaime quedare
moreniña para sempre
Chamácheme cadeliña,
e eu non mordín a ninghén
e se ladro á túa porta
é porque che quero ben.
Debaixo da oliveira
non se pode namorar
ten a folla miudiña
deixa pasa-lo luar
Hei-te d'amar, paxariño
hei-te d'amar ghorrión
hei-te d'amar, paxariño
de dia, e de noite non
hei-te d'amar, a máis hei
non me perda-lo cariño
non che perderei-na lei
Lindos ollos ten a cobra
cando mira de repente
vale máis un desengano
que andar enganada sempre
Da túa ventana* à miña
hai un salto dunha cobra
inda lle hei de chamar
à túa nai, miña soghra
Alghún dia or meus amores
o meu reghalo era velos
aghora en tanto me dá
ghanalos coma perdelos.
Anque che "sea" a vasoira,
o chao non cho hei de varrer,
que se tu m'"olvidaches"
outros che m'han de querer.
Chéghat'ela, chéghat'ela
Chéghat'ela e dalle un bico
se non fora por vergonza
xa lle tiña dado cinco.
Ll'esas túas maos son "blancas",
ll'eses teus dedos de "anillos",
son os que me fan andare
de noite polos camiños
Nin as miñas maos son "blancas"
nin os meus dedos tran anillos
nin son os que che fan andar
de noite polos camiños.
Adio-las mozas de Vila
prendas do meu corazón
qu'hanvos vir ao fiadeiro
noite si e noite non.
eu pola montaña, tu pola cociña
has casar comigho, miña Marouxiña.
Eu pola ventana, tu polo balcón,
has casar comigho, que queiras que non.
Moza qu'estás na ventana
ca punta do pano fóra
bota a cabeza tamén
qu'o pano non me namora.
Á túa porta meniña
quen porfía mata a caza
ou nunha hora ou na outra
heiche de cair en gracia.
Fuches miña, fuches miña,
e aghora véñote ver
e quéroche perghuntar
si o queres volver ser.
Heime de casar ist'ano,
anque sea cun rapaz,
que gaste sombreiro gacho
con perillón por detrás.
Cantai nenas, cantai nenas,
e deixai falar á xente,
qu'os tempos do amor se van,
non vos ha de durar sempre.
Si queres qu'a i-auga corra
tíralle o terrón á presa
nunca fun nin quero ser
plato de segunda mesa.
As tellas do teu tellado
botan auga sin chover
i-eu ben sei onde dixeches
que non me podías ver.
Piquiniña, piquiniña,
como a agulla de coser
se nacestes un pró outro
que ll'habedes de faguer.
como a agulla de bordar
que ll'habedes d'esperar.
Heiche de comprar un manto,
heiche de comprar un velo,
pero non quero que durmas
na miña cama de ferro.
Non te cases na montaña,
que ch'é terra moi fría,
cásate no baixo d'Esgos
se queres ter fantesías.
Fun buscar o ben che quero
ao arenal de Sevilla,
fun buscar o ben che quero,
trouxen o ben che quería.
Porque dis que te casas
Non te deixo de querer
Casarás e enviudarás
E volverás ao meu poder
Pasei pola tua porta
Pedin-ch'augha e non ma deches
Cando pases pola miña
farei como ti fixeches
O amor que há-de ser meu
hei-no d'escoller a dedo
que non sexa pequeniño
nin ghrande que meta medo
Tanto me ten que me fales
como que pases calado
pena por ti non a teño
loito por ti non o traio
Olvidaches-me por probe
e eu a ti por vinculeiro
inda ti non é-lo ghalo
que cante no meu poleiro
Teño ouro, teño prata
teño calderilla e cobre
de todo che teño un pouco
menos d'amor, que son probe
Vai à merda co teu gharbo
e co teu barreño tolo
nin ti eras para min
nin eu para ti, tampouco
Eu teño cinco xustillos
e os cinco emballenados
tamén teño cinco amores
catro viven enganados
Estando na miña cama
deitadiña co meu home
quen me vai privar a min
de rañar onde me come.
Os solteiros valen ouro
I os casados valen prata
Os viúvos, calderilla
I os vellos, folla de lata
De Lagartóns a Vinseiro
hai moi pouco para andar,
por iso os anamorados
teñen pouco pra falar
Nunca me digas adiós
por ser palabra moi triste;
entre dous que ben se queren
custa moito despedirse
Quedaches de vir ás nove
viñeches as nove e media,
pensas que non é pecado
enghañar a unha morena?
De Caroi a Corredoira
hai pouquiño que andar
por iso os namorados
teñen pouco que falar
Tantos que te pretenderon
se os tiveses xuntiños
habíache que facer-e
casona con vinte pisos
Á fonte vouche por auga,
á taberna vou por viño
i a túa casa a buscar
todo enteiro o teu cariño
Casa co home máis feo
se queres pasalo ben
que traballan coma burros
non cho namora ninguén
Capela que non ten santa
non se lle fai oración
amores que non dan gusto
non se lles fai atención
Anda dicindo teu pai-e
que estou toliña por ti
Que estou tola é mentira
pero que te quero si
Miña nai por me casar
ofreceume bois e vacas
e agora que me casei
deume unha taza de papas
As cintas do meu mandil-e
arrastran polos esqueiros
así andan arrastrados
todelos homes solteiros
Eu pedinlle a unha nena
ela non mo quixo dar
Eu pedinllo, ela deumo
e non hai máis que falar
A pereira non da uvas,
a ouveira non da peras;
viva quen ten os amores
no lugar das Tres aldeas.
Algún día foches meu,
agora véñote ver
que che quero preguntar
se queres volver a ser.
Anque as pedras se volveran,
anacos de carne viva;
eu che teño que querer
anque me coste a vida