Atoparonse: 159 resultados
Anque che son moreniña,
no é do polbo da eira;
xa me verás o domingo,
coma a rosa na roseira.
Aparta loureiro verde
Deixa clarear a lúa
Que estou no medio do monte
Non vexo cousa ningunha
Carballo verde do monte
augha fría non consente
o que ha de falar conmigho
ha de falar para sempre
Ei de subir o carballo
a cortar unha braghasta
que para falar contigho
unha palabra me basta
Non me tires con pedriñas
que estou a lavar a louza
tírame con palabriñas
cando túa nai non ouza
Estou en pasar o río
estou en non o pasar
estou en tomar amores
estou en non os tomar
Asubín ao alcipreste
e beixei de nó en nóe
Ti falas con cantas queres
Eu falo contigho sóe
As estrelas miudiñas
son as que alumbran o tempo.
Home de moitas amantes
varéalle o pensamento.
Non quero zapato baixo
que se me enterra na area,
non quero amores de lonxe
que os teño na miña aldea
Rapaciña do meu tempo
Chamáchesme a min rapaz
durme comigho unha noite
pola mañán mo dirás
O caravel cando nace
de pequeniño recende
non hai cousa máis humilde
que o amor cando pretende
Una noite no muiño
unha noite non é nada
mais durmir coa muiñeira
iso si que é foliada
Mal de amores, mal de amores
como unha silva se quita
que se arranca de cañoto
por onde non ten espiñas
Esta mäñán fun à iaugha
nunca tal augha nacera
que me roubaron o mozo
mentres qu'eu enchín a sella
dentro do peito teño
dúas iscamas dun peixe
unha di-me que te queira
outra di-me que te deixe
Viva quen te esta querendo
viva quen te ha de querer
viva quen no mundo pasa
penas por unha muller
Se te quixen foi un soño
se te esquecín non o sei
aghora podes saber
que xamaís te esquecerei
Cada vez que se pasean
pola rúa os meus amores
as areas dos camiños
todas se me tornan flores
moza que estás na ventana
coa punta do pano fóra
déixame mirarche a cara
que o pano non me namora
Paxaro que vas voando
levas no peteiro flores
se pasaras pola lama
dá recordos ós meus amores
Silva verde non me prendas
mira que non me aseguras
mira que levo rompido
outras cadenas mais duras
Ei esta o meu corazón-eh
se o queres matar podes
pero o teu vai detro
se o matas tamén morres
Ó carballo da portela
Estalle brotando a folla
A min brótanme os amores
Coma a herba á seghadora
O teu amor, queridiño
é com'ághua da tronada
chove moito en pouco tempo
non se lle aproveita nada
María, miña María
telos olliños de prata
cando al lúa da neles
toda a miña pena mata
Coitadiño do que ten
amores alá do río
quere pasar e non pode
fai do corazón un navío
Un corazón de madeira
teño que mandar facer
que non sufra nin padeza
e non sepa o que é querer
Piquiniña, piquiniña
como a aghulla de bordar
se nacestes un pro outro
que ll'habedes d'agardar
Ei tes o meu corazón-e
Podelo por en anacos
Só cá condición-e
Có desfaghas nos teus brazos