Atoparonse: 17 resultados
Xa vou dá-la despedida
xa vou dá-la de repente
miña nai non me crioue
para adeverti-la xente
Agora non canto máis
que vou dá-la despedida
despedida coma ela
non a dei na miña vida
Despedida polos campos
Despedida polas flores
unha despedida triste
tuven* eu cos meus amores
Un adeus eu non cho digo
que é palabra moi triste
entre dous que ben se queren
custa moito despedirse
Adeus, vellos; adeus mozos
Adeus, rapaces pequenos
Dade-nos o aguinaldo
Que ata o ano non volvemos
Moi boas noites señores,
Xa se me apaga o candil,
Xa se me pechan os ollos
Coas ghanas de durmir.
Esta vai por despedida,
esta vai por carricoche,
esta vai por despedida,
"hasta mañana a las doce".
Eí vos vai a despedida,
eí vos vai a derradeira,
acabouse o chiculate
rompeu a chiculateira.
Nunca me digas adiós
por ser palabra moi triste;
Imos da-la despidida
entre Ghalisia e Jamaica
imos da-la despidida
que xa non se oe a ghaita
Xa vou da-la despedida
por riba d'aquel ramallo
beiladores do turreiro
ide bailar ó carallo
por riba dunha xesteira
volverei d´hoxe nun ano
se me gharda-la cacheira
Vou-vos da-la despedida
xa parece que está ben
o moito cantar enfada
e o pouco parece ben
Vou a da-la despedida
porriba dunha mazán-e
adeus mozas adeus mozos
adeus hastra mañán-e
Xa vou dar a despedida
despedida vou dando
ai que despedida alegre
que me despido cantando
Vouvos dála despedida
non vola quixera dare
que sodes amigas miñas
non vos quixera olvidar-e
Esta vai por despedida
por riba dun pau de xesta
quen me dera fuxir contigho
d´a cabalo dunha besta