Skip to main content

Cantigas Atopadas:

Parabéns

Atoparonse: 11 resultados

Ese que anda bailando

la madre que lo parió

baila na punta do pé

nas agullas dun reló

P'ra cantar hai que ter grácia

p'ra beilar hai qu´aprender

nós qu´andamos polo mundo

todo nos cómpre saber

O mozo que entra no baile

ben seria un cabaleiro

ben lle habia de quedare

un pano de seda ò cuello*

Aghora vou a cantar

que parece que dá ghusto

ver este baile bailar

Cantai e bailai meniñas

e ghardai o farropeiro

que a que non canta nin baila

é a que o dá primeiro

Unha volta polo medio,

outra polo d'arredore,

qu'así fai o que ben baila

qu'así fai o bailador-e.

Ese que anda no baile

ten o bailar peneireiro

Dálle media volta á perna

para que lle ruxa o diñeiro

No bailar tal ghracia tes

No bailar tal ghracia tes

Mesmo parece rapaza

que fas encaixe cos pes

Gharabullos gharabullos

gharabullos todos xuntos

bailadores do turreiro

xa non sabedes máis puntos

Dille eses que andan no baile

que levanten mai-los brazos

que parecen llevar huevos

debajo de los zapatos

Entrai mozos a bailare

entrade ligeramente

que no me crió mi madre

para adevertir la gente