Atoparonse: 13 resultados
Adeus á miña casiña
portelo do meu quinteiro
auga da miña fontiña
sombra do meu laranxeiro
Alabado seia* dios*
que xa veu a barateza
van os homes a real
catro van nunha peseta
A Lisboa van os homes
a Lisboa por ghanar
Lisboa queda no eido
pra quen quere traballar
Soedades levo, levo
levo-as no corazón
tamén as deixei quedar
no barquiño de Monzón
Neste lughar non hai xente
que foron alén do mar
catro vellas que quedaron
moito non han de durar
Manueliño meu ben
mañan xa cruzas o mar
levas ma chave do peito
pechadiño vai quedar
Aldeiña de Carreiro
terra onde meu criei
agora vivo noutras terras
nunca te esquecerei
Tronquei o meu corazón
por un ramo de cereixas
adiós ó meu corazón
se é que te vas e me deixas
O meu amor foise foise
pola porteliña pasou
moitas soidades me leva
e moitas mais me deixou
paxaro que deixa o niño
navío que vai ó mar
saldado que vai na guerra
Dios sabe se voltarán
Por decir viva Pigharzos
nadie se debe enojar
Pigharciños viva siempre
que no te puedo olivar
Si te pudiera llevar
como llevo mi pañuelo
en estas tierras no quedas
amante de mi consuelo
mucho lloraba mi madre
a la salida de vigo
mucho más lloraba yo-e
cuando me dijo "adios fillo"