Skip to main content

Cantigas Atopadas:

Parabéns

Atoparonse: 14 resultados

A lua vai encuberta

con panos de tafetán

olliños que a min me queren

nesta terra non están

Non sabes ben queridiña

que envexa teño ô luare,

Cando, pol-a lumieira,

N-o teu leitiño vai dare.

Alta vai a Lúa, madre,

alta vai qu’eu ben a vin.

Máis alta vai a fertuna

que Deus garda para min.

As estrelas ll'o luceiro

Tuveron unha porfía,

as estrelas qu'era noite

ll' o luceiro qu'era día.

Estreliña do luceiro

e mai-la da claridá

vais'o día, vens'a noite

vais'a miña mocedá

Estreliña do luceiro

vait'andando qu'eu xa vou

vai-me dando claridade

que a lúa xa s'acabou

A lúa para saír

a ninguén pediu licéncia

eu para cantar aquí

pídoa con reverencia

Esta noite pola lúa

teño d'ir a Verducido

a visitar unha nena

que non me sal do sentido

Clarea, lúa, clarea,

polo dios que che mandou

Clarea, lúa, clarea,

tamén o sol clareou.

O serán desta aldea

faise no medio da rúa

a noite que a el non vou

non me quenta sol nin lúa

Casadiña de tres días

x'anda mirando pra lúa

se cho saben as solteiras

non se casaban ningunha

Xa foi a noite escura!

que non che son de cregos

sonche de pandereteiras

das que brillan canda a lúa

Xa chegou a noite

o lobo por mi ouvea

ei subir-lo outeiro

onde a lúa m´alumea

xa vou da-la despedida

viva o Sol e viva a Lúa

quen se despide cantando

non leva pena ninghunha