Atoparonse: 11 resultados
Marmurai, marmuradeiras
Tisoiras de recortar
A miña saia é redonda
Non ten máis que arredondar
E a que non canta nin baila
a que vén á polavila?
Vén mirar o que se pasa
p'ra contar en doutro día
O cantar e o beilar
non é vergoña ningunha
vergoña é marmurar
da vida de cada unha
Marmurai marmuradoras
marmurai sempre de min
qu'eu nunca fun marmurada
mais ca da xente ruín.
O que non canta nin baila
que ven facer ó serán
ven ouvir catro mentiras
para contar de mañán
Marmula, marmuladore,
fala de min máis do outro,
no inferno hai unha cama
pra que descanses un pouco
Acabai lixeiramente
Que non estou de mona
Para adevertir a xente
Teño un caravel na horta
que rebenta por nacer
así lle rebenten os ollos
a que non me poida ver
Non me mires non me mires
que non quero ser mirada
ainda che son moza nova
non quero ser marmurada
Cámacheme pera parda
eu a ti mazán podrida
a pera parda se come
e a mazán podre se tira
Chámaches me pouca cousa
pouca cousa, ti máis vales
pouca cousa son as moscas
fan fuxir os animales