Skip to main content

Cantigas Atopadas:

Parabéns

Atoparonse: 15 resultados

Apartá-lo, apartá-lo

O viño tinto do branco

Tamén a min me apartaron

De quen eu queria tanto

Apartá-lo, apartá-lo

O tinto do amarelo

Tamén a min me apartaron

De quen eu queria, e quero

Miña nai e mai-la tua

van xuntas à romaria

a miña viña borracha

a tua xa non se tiña

As mozas de trás do monte

din que non beben o viño

e debaixo do mantelo

levan o xerro escondido

Manoel foi á bodega

Traía a xerra do viño,

"Tropezouse" cunha pedra

E "caeuse" no camiño.

Estou rouca, estou rouca,

estou rouca, ben o sinto,

que me axudou a enroucar

un vaso de viño tinto

Ar mociñar de Parada

"dicen" que non beben viño,

e debaixo do mantelo

levan o xarro escondido.

Hei-che de dar viño tinto

sopas de pan barolento

comigho raña-la pava

con outros pasa-lo tempo

Dame viño dame viño

que auga non podo beber

nacín desta condición

e con ela hei de morrer

As mociñas do Seixido

din que non beben viño

debaixo da saía levan

o xarro ben escondido

O viño branco é meu pai

o tinto é o meu parente

non vou lugar ninghun

sin que a familia me entre

Dáme viño, dáme viño

augha non cha podo beber

sonche desa condición

con ela hei de morrer

Dáme viño, dáme viño

augha non cha podo beber

sonche desa condición

con ela hei de morrer

Apartaio apartaio

o tinto do viño branco

tamen a min m´apartaron

de quen eu quería tanto

túa nai e maila miña

quedan na feira berrando

por culpa do viño tinto

seica lles estaba picado