Atoparonse: 11 resultados
Xa vou dá-la despedida
Non vo-la quixera dar
Que se van as camaradas
Non me queren aghardar
Esta meniña é pequena
pequeniña coma un rato
e o que se meta con ela
vai levar máis que sopapos
Teño máis de mil amigos
aquí non me sinto só
cantarei ao desafío
ninguén teña de min dor
Vente, ventiño do Norte
vente, ventiño mareiro
serás o meu compañeiro
Un adeus eu non cho digo
que é palabra moi triste
entre dous que ben se queren
custa moito despedirse
Onde vai que non nos vimos
máis hai que non nos falamos
xa o camiño bota erva
onde nós paseabamos
Unha boa cantadora
teño-a de par de min
Se me perghuntan por ela
Direi-lles que non a vin
E por cousa do teu
erguéuseme o meu
e se o teu tiña gaña
moita máis tiña o meu
Meu irmán, meu camarada,
meu irmán, meu compañeiro,
axúdame meu irmán
a tocar este pandeiro.
Porque nos levamos ben
anda o mundo alborotado
habémonos de levar
anque nos custe traballo
Camiñando pola senda
atopei un toxo en flor
lémbrame dos teus ollos
nun tempo de amor e dor
Isto non é Netflix, pero temos coplas con máis sal. Accede gratis e dálle vida ao teu folclore interior.