Atoparonse: 13 resultados
Da banda d'alá do rio
ten meu pai unha xesteira
que dá chorismas en maio
coma ghindas da ghindeira
Miña soghra aforradora
do que non pode ghastare
inda ten un unto vello
dun porco que ha de matare
Miña sogra é estanqueira
vendedora do tabaco
aghora que vai no inferno
háo de vender barato
Pasei pola túa porta
mireite polo cerrollo
e a parva da túa nai
meteume un chusco no ollo.
Anda dicindo tua nai
que non me quere p'ra nora
inda eu non decidin
se eu a quero por soghra
A miña sogra morreume
e enterreina no palleiro
deixelle o brazo de fóra
pra que tocara o pandeiro
Miña sogra din que é bruxa
heina de facer rabiar
Nin lle m'hei casar co fillo
nin llo hei deixar casar
A miña sogra é unha "zorra"
heina de facer rabear-e
nin me ll'hei casar coa filla
nin lla hei de deixar casar-e
a bruxa da miña soghra
quixo subir á palleira
escorreghoulle a tamanca
e sentou o cu na eira
Aghora está de moda
tirar as soghras ó mar
e a miña por se ascaso
xa está aprendendo a nadar
Miña sogra cando mexa
sete muiños fai andar
carallo para a miña sogra
que forma de mexar
miña sogra cando berra
peta co pe no sobrado
ela dime: "Bota fora"
eu digolle: "Polo rabo"
A sogra pra que casaras
xa xhe daba canto tiña
aghora de casado
douche plumas de ghaliña