Skip to main content

Axúdanos a medrar

O Volai-Vai é un proxecto independente que tenta ampliar a presenza da cultura galega na rede con medios actuais.

Nos@s mecenas.

  • Mola

    Colaboradora en Patreon cunha subscrición mensual

    Sonsoles Penadique
  • Mola

    Colaboradora en Patreon cunha subscrición mensual

    Sonsoles Penadique
  • Mola

    Colaboradora en Patreon cunha subscrición mensual

    Xandre Outeiro

    Motivando á equipa...

    Como imaxinades, calquera feedback ou doazón que nos fagades chegar énchenos de felicidade e motivación, polo que tampouco non sobra...

    Volai-vai Mola!

    3€
    Colabora co mantemento cunha doazón mensual
    (0,50€ porcentaxe Patreon)
    • Agradecemento e recoñecemento na sección de colaboradores
    • Autocolante Volai-Vai

    Volai-vai Prata!

    12€
    Colaborar para que se desenvolvan novas seccións e funcións, cunha doazón mensual
    (2€ porcentaxe Patreon)
    • Agradecemento e recoñecemento na sección de colaboradores
    • Autocolante Volai-Vai
    • Chaveiro VolaiVai
    • Espazo Beta-Tester de ferramentas.

    Volai-vai Ouro!

    15€
    Un aporte de 15€ mensuais que garante o mantemento íntegro do proxecto e incentiva a equipa de traballo.mensual
    (2,50€ porcentaxe Patreon)
    • Agradecemento e recoñecemento na sección de colaboradores
    • Autocolante Volai-Vai
    • Chaveiro VolaiVai
    • Espazo Beta-Tester de ferramentas.
    • Camisola exclusiva co primeiro aporte
    patreon

    Por que precisamos doazóns?

    O feito é que a acollida da primeira versión do Volai-Vai nos deixou algo sobrecollidas, mais despois de recibir tanto feedback e agradecementos desde recunchos de todo o planeta, vímonos na obriga de continuar cun proxecto que nacera máis ben como un experimento, pero que nos demostrou que se pode chegar a converter nunha ferramenta de divulgación moi interesante...

    Aínda así, comprenderedes que todo isto ten uns custes de mantemento (aloxamento e dominio web, publicidade, etc.) que na equipa de traballo de Volai-Vai -que xa aporta o seu tempo e traballo desinteresado- non podemos asumir directamente, polo menos de xeito indefinido...

    É por iso que decidimos abrir unha liña de doazóns via Patreon que poida facer do Volai-Vai unha plataforma auto-sustentábel que non implique gasto económico persoal d@s compoñentes da equipa, toda vez que -como xa dixemos- ningunha de nós percibe aportación económica polas súas horas de adicación.

    As doazóns que recibamos serán destinadas a:

    dominio.com

    Porque pensamos que é importante manter o proxecto activo o maior tempo posíbel. Sen depender dos custos variables e desorbitados do .gal

    Servidor hosting

    A artesa onde se gardan todos os datos que proporciona a plataforma: dende as propias cantigas ás imaxes, pasando polos perfís de usuari@ ou o propio código fonte.

    Mantemento

    Software para atención aos posíbeis reportes, control de cantigas duplicadas, xestión de imaxes... todas esas cousiñas que fan que o caixón do Volai-Vai se manteña en orde.

    Outros gastos

    Para moito café e sobre todo para a promoción e difusión, gastos de desprazamento e compra de material.

    Convencíchesme