Skip to main content

Esta noite vai chovere

que leva circo a lúa

queira Dios non chovan paus

polas costeiras dalghunha

Si te pudiera llevar

como llevo mi pañuelo

en estas tierras no quedas

amante de mi consuelo

Acaba'lo e vaite axiña

Acaba'lo e vai fora

Tamén van beilare

Os señores que están fora

Ai de min que non podo

Ai de min que xa non sei

Ai que xa non podo

Cantar coma cantei

mucho lloraba mi madre

a la salida de vigo

mucho más lloraba yo-e

cuando me dijo "adios fillo"

Por decir viva Pigharzos

nadie se debe enojar

Pigharciños viva siempre

que no te puedo olivar

Ei tes o meu corazón-e

Podelo por en anacos

Só cá condición-e

Có desfaghas nos teus brazos

Zapateiro ó meu zapato

Bótalle tacón bastante

Son pequeniña e non lle chego

Ó corazón de mi amante