
Info:
Santa Ferreña é unha homenaxe aos históricos encontros de música tradicional de Carboeiro e á súa patroa. Unha canción que afonda nos nosos ritos pagáns, nesas pequenas tradicións herdadas que algunhas persoas seguimos mantendo vivas no día a día, especialmente aquelas que buscamos na cotidianidade sinais de conexión co máxico e o simbólico. Gravada en: La Chacra e Casa máxica de Orro Producida por: Nico Vieites i eu Mixer: Nico Vieites Letra e música: eu mesma ☺️ Management: aseara.gal 💜 Foto da portada: Sofía Taboada Que pare a xente seu recorrido Que baixen todas en remuíño Que cale o merlo seu pío-pío Que eu vou alá Saltei a cobra E fun ao río Lavei a cara Bebín o viño Que baixen todos, que baixen todas Que eu vou alá. Vou alá, vou alá Faga o favor Santa Ferreña Mande un amor na sexta feira Faga o favor, miña Santasa Mande un amor pra miña casa Bailei co vento, Roubei o millo, Contei o conto ben amodiño Que saia a lúa, compañeiriño Que eu vou alá Eu vou alá, eu vou Eu vou alá, eu vou Eu vou alá, eu vou Eu vou alá, eu vou Vou alá, vou alá Faga o favor Santa Ferreña Mande un amor na sexta feira Faga o favor, miña Santasa Mande un amor pra miña casa Faga o favor Santa Ferreña Mande un amor na sexta feira Faga o favor, miña Santasa Mande un amor pra miña casa