Info:
Guillerme Inácio
Unha volta. A música non é só música. Outra volta. O clarinete non é só un instrumento. Reviravolta. Galiza existe porque existimos nós, e porque antes de nós existiron outras. Outras clarinetistas feitas clarineteiras porque a tradición oral sempre foi importante. Clarineteiros coma Abelardo de Paredes, que de solteiro facía trinta quilómetros coa bicicleta para ir ensaiar os Reis coas mozas do Cabalo. Coma Joaquín O Quinillas de Comboa, que ía relevar ás pandeireteiras tocando nas fiadas das aldeas de Soutomaior. Ou coma Andrés Muíño, que tan ben tocou canda o gaiteiro de San Cosmade na festa de Mercurín do 1965, aquelas jotas e muiñeiras que gardou para sempre na gravadora un danés ben curioso.
Web Oficial |
folk