
Info:
“Luz do sol” forma parte dun traballo que nace dun proceso de pausa e escoita, desenvolvido en Lugo.
Un disco construído sen présa, no que a música aparece ligada ao tempo e ao lugar no que se crea. “Este novo disco nace dun tempo longo de silencio e de escoita. Había algo que tiña que dicir, pero só podía saír así, con calma e con verdade.
Con Permita deus ábrovos a porta á miña casa”
. O videoclip, dirixido por Jorge López, sitúanos nunha cama no medio da natureza. Davide aparece deitado, deixando que a canción pase por el.
🎵 Créditos musicais Autores: Davide Salvado, Manuel Cortés, Antonio Casado Letra: Manuel Cortés Arranxos: Davide Salvado e Antonio Casado Davide Salvado: voz e percusións Antonio Casado: guitarra eléctrica Cibrán Seixo: violíns, viola, sintetizador de baixo 💿 Selo: Sorte Discos Distribución: Altafonte 🎬 Dirección videoclip: Jorge López