Skip to main content
E QUEN FAI MÚSICA PARA NÓS?
E QUEN FAI MÚSICA PARA NÓS?
8#
Un home escoitando música relaxadamente cos seus auriculares.

Info:

QUEN FAI MÚSICA PARA NÓS? é un proxecto que busca contribuír e apoiar a escena musical galega, no que colaboran 11 artistas provenientes de estilos musicais diferentes, que se atopan nun espazo común onde expresarse e crear novos temas. O resultado son 8 cancións que mesturan diferentes sensibilidades sobre ritmos próximos ao hip-hop.

As voces que se sumaron a este proxecto son a cantautora arzuá MJ Pérez; figuras da escena hip-hop galega como Nadie González, Neret, O Rabelo (con sona na cultura das regueifas), ST (integrante de Flow do Toxo) ou Aid (rapeira viguesa de longa traxectoria); cantantes e compositoras tan polifacéticas como ELBA (pop de vangarda dende Compostela) e Xoana (artista con matices de jazz e R&B comprometida coa lingua); o grupo de pandereteiras Lilaina (integradas en propostas tan potentes como Baiuca ou Xosé Lois Romero & Aliboria); e, finalmente, telma, prometedora artista do noso panorama tanto musical como escénico, que xunto con Sergio Maceira ao piano ofrecen a canción máis melódica do disco.

Irene Pérez ilustración

Web Oficial | hip-hop - outras

+ escoitado esta semana

youtube
Branca Vela - Budiño
Branca Vela - Budiño
youtube
Swingpostor & Muiñeira de Trandeiras
Swingpostor & Muiñeira de Trandeiras
youtube
ST x O RABELO - Barro
ST x O RABELO - Barro
youtube
O Avión - The Rapants
O Avión - The Rapants
youtube
FLOW DO TOXO Libres e Bestas feat. BRASSICA RAPA
FLOW DO TOXO Libres e Bestas feat. BRASSICA RAPA
spotify
 Flow do toxo - Aquí están as que ghritan
Flow do toxo - Aquí están as que ghritan
spotify
O Rabelo -   SOMOS LEGIOM
O Rabelo - SOMOS LEGIOM
spotify
O que fomos - Caldo
O que fomos - Caldo
spotify
Suor - O Rabelo
Suor - O Rabelo