Fonte: NosDiario.gal
Tras dous anos de silencio Laura LaMontagne inicia unha nova etapa artística en solitario co lanzamento do sinxelo SonRisas Falsas, unha canción de electropop escuro e minimalista cantada en galego e en inglés. A artista luguesa vai directa á ferida. No novo tema fala abertamente da "traizón" e das "dinámicas abusivas de poder" que sufriu dentro da industria musical nun relato directo, irónico e profundamente emocional. A canción está dispoñíbel en plataformas dixitais e conta cun videoclip en YouTube.