Fonte: Seis Pés Produccións creativas Da man de Jamas e Møu, membros fundadores de Dios Ke Te Crew e figuras clave do hip hop galego, xunto a DJ Mil, un dos DJs máis recoñecidos da escena urbana galega, chega Lumedoloop, unha forma de entender a arte, un manifesto sonoro que bebe da esencia do hip hop: o loop como motor de evolución, a repetición como catalizador da transformación, e o lume como impulso creador que prende e se espalla sen límites.