Info:
O disco está formado por 10 temas froitos da investigación do trío sobre o tratamento da morte na música tradicional deste lado do Mediterráneo. Romances, cuartetos, bailes de velorio, cantos de morte, cancións de traballo e outros elementos do substrato tradicional balear, valenciano e catalán foron a súa fonte de inspiración para este traballo. O grupo mergúllase neste inmenso e silenciado universo e mariao con outros universos tamén silenciados, como os da música tradicional e as voces de mulleres. O resultado é unha canción á morte que tenta normalizala, desmitificala, homenaxeala e integrala na vida.
Spotify |
electrónica - folk - outras