Skip to main content
Maricarme - Ai Jesús!
Maricarme - Ai Jesús!
3:51
Un home escoitando música relaxadamente cos seus auriculares.

Info:

Composición musical e letra: Trad. / Maricarme
Gravación: Cibrán Seixo
Produción: Cibrán Seixo
Mestura: Tomás Ageitos, Cibrán Seixo e Migui Carballido
Mastering: Arturo Vaquero

MÚSICAS:
Cibrán Seixo: violín, sintetizador de baixos
Antía Ameixeiras: voz, pandeireta
Migui Carballido: bouzouki, percusións

Como se dun supertrío do folk contemporáneo galego se tratase, Maricarme soltan "Ai Jesús!", unha carta de presentación que supón un sopro de aire fresco para o folclore ibérico actual. Xurdido da noite compostelá máis surrealista, os recoñecidos músicos Cibrán Seixo (Davide Salvado, Budiño), Antía Ameixeiras (metade de Caamaño & Ameixeiras e colaboradora de Baiuca, Luar Na Lubre, Carlos Núñez) e Migui Carballido (Zeltia Irevire, Måi) únense baixo o nome de Maricarme, unha sorte de tótem sonoro co obxectivo de poñer a bailar ao persoal recodificando e expandindo o son do folk galego. Tomando como substrato o "Maneo de Miñata" (Coristanco), aprendido dos Fillos de Pepa a Loba; Maricarme crean unha sonoridade mántrica e fresca nesta "Ai Jesús!" que axuda a desvelar parte da impredecible idiosincrasia sonora dun proxecto que entremestura a sonoridade dos instrumentos acústicos (violíns, pandeiros, bouzouki...) con sonoridades máis electrónicas (sintetizador de baixo, pads, pedais...), creando un folk orixinal, dinámico e poderoso.

Management e Booking
A Seara | Servizos Culturais

Distribución Dixital
Raso Estudio


INSTAGRAM | electrónica - folk

+ escoitado esta semana

youtube
Foliada de Negreira - Alana
Foliada de Negreira - Alana
youtube
 Piratas sen parche
Piratas sen parche
spotify
Alosa - La Plaça
Alosa - La Plaça
bamdcap
Castora Herz  - CODEX FUTURA vol​.​III
Castora Herz - CODEX FUTURA vol​.​III
bamdcap
Sindicato do Folclore - Ribeirana Aboal
Sindicato do Folclore - Ribeirana Aboal
youtube
Os cempes - Tentemozo
Os cempes - Tentemozo