
Info:
Fonte Praza.gal Mondra vai 'De ronda', sedutor e irreverente no seu novo disco
De ronda é un álbum no que Mondra presenta un novo son, máis orgánico e fresco, da man de Hevi, responsable da produción (Laboratorio Soyuz). Neste disco, o artista aborda “a sedución, seducir ou ser seducido” a través de once cancións ou “estados do corpo” que se poden dar nunha noite de ronda. Desde o desexo ou o impulso sexual até a aceptación ou mesmo da ruptura.
OFICIAL |
electrónica - folk