Skip to main content
Nao - Ata que o lume se apague
Nao - Ata que o lume se apague
55:33
Un home escoitando música relaxadamente cos seus auriculares.

Info:

Ata que o lume se apague é un álbum composto por 13 temas gravado a camiño entre Galiza e Euskadi.

Os NAO regresaron a Andoain, aos estudios Garate coma no seu disco debut, e xunto co primeiro productor da banda, Kaki Arkarazo, deron forma a dous dos cortes máis especiais deste disco: unha versión da canción Txoria Txori do cantautor eúscaro Mikel Laboa e tamén a derradeira canción que fechará o derradeiro disco.
O resto do álbum decidiron gravalo co produtor dos seus anteriores tres traballos: Iago Pico, nos Estudos PouLand, en Ames. Once temas que innovan no seu característico son e recuperan a forza dos seus comezos baixo textos contundentes e tan actuais como Franco Resurreción, Mazo armado, Alba de Groria ou a canción que lle dá título ó disco Ata que o lume se apague. Non faltarán tampouco temas introspectivos e con moita profundidade aos que xa nos teñen afeitos: Ceder á decepción ou Náufrago a contravento serán algúns deles.

fonte: culturalgalega.gal

Spotify Oficial | metal - outras - punk - rock

+ escoitado esta semana

spotify
Labregos do tempo dos Sputniks
Labregos do tempo dos Sputniks
A máquina de meter medo
A máquina de meter medo
youtube
ST x O RABELO - Barro
ST x O RABELO - Barro
youtube
Zeca Afonso - Cantigas de Maio
Zeca Afonso - Cantigas de Maio