Skip to main content
O meu amor - Caamaño&Ameixeiras + Tarta Relena
4:19
Un home escoitando música relaxadamente cos seus auriculares.

Info:

O meu amor é un canto á ferida aberta que deixa quen marcha e ao tempo lento que queda despois. É tamén unha despedida que non remata, que insiste en acompañar, aínda sabendo que amar tamén é aprender a seguir. E que a vida sempre se abre paso, teimuda, coma se fose allea ás perdas. O órgano da Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela respira fondo nas mans e pés de Sabela Caamaño, convertendo o loito nun espazo habitable. E, sobre ese alento, a voz de Antía Ameixeiras entrelázase coas de Tarta Relena, nun canto polifónico compartido que abraza a ausencia, transformándoa en memoria viva. Partindo dun tema tradicional de Açores, introducido no imaxinario da música galega por Leilía, esta canción recolle unha sabedoría antiga: a de chorar o que se perde sen deixar de continuar, entendendo que nesa persistencia tamén se atopa un xeito de coidar, de lembrar, de honrar. E, pouco a pouco, de volver vivir.


+ escoitado esta semana