Info:
"O Movemento é un berro de liberación, para que poidamos ser quen queiramos cando amemos, cando dancemos ou cando nos expresemos como os seres creativos que somos.
Podes ser parte do movemento"
Un vídeo de: Jairo Moreno
Produción Musical: Berto
Composición: Sheila Patricia (letra e música ) & Berto ( música)
Departamento de Produción: Xeitosa Producions.
Xefas de Produción: Adriana Guede & Sheila Patricia Axudantes de Produción: Suevia Cabaleiro, María Blanco, Xulia Barros.
Making of e Foto Fixa: Ferga’s Project
Maquillaxe: JBMUA
Perruquería: Sanjurjo Vaamonde
LETRA:
Deixa que flúa o teu movemento
Podes ser parte ou non do que hai.
E se sintes algo ruxir dentro,
non o silencies, déixao voar.
Será sinxelo sentir o vento,
o teu cabelo entrelazar,
mentres as ondas avanzan lento,
as túas cadeiras han de marcar.
Baila con quen che saia de dentro,
ningún patrón hai que respeitar,
sexas home ou muller non entendo
que dun xeito haxa que bailar.
Podes ser parte do movemento.
Podes ser parte do movemento.
Elas han de tocar o pandeiro,
tí saca o punto de namorar,
aquelas que anduvimos no baile
nunca nos han poder controlar. (x2)
Podes ser parte do movemento.
Podes ser parte do movemento.
Podes ser parte do movemento.
Podes ser parte do movemento.
Elas han de tocar o pandeiro,
tí saca o punto de namorar,
aquelas que anduvimos no baile
nunca nos han poder controlar. (x2)
Youtube |
electrónica - folk