Info:
Aínda estamos aquí. Aínda queda alento. Somos moitas pedras as que aguantan este valo.
Botamos hoxe ó aire esta pequena semente na Pontragha. Apañádea, para que siga virando a roda dende tódolos pequenos lugares.
Prendede unha cacharela en cada recuncho do País que alumee o camiño, que ese lume nos quente os corazóns, que nos remexa o ánimo e nos coloque por diante de quen nos quere pasar por riba.
Somos donas dos nosos marcos, e témo-la forza toda da música e da palabra. Volveremos torna-la auga para que corra libre pola terra toda, porque ainda é tempo, e toda a terra é País.
As Bouba seguimos. Sóbranos bravura para resistir ó que veña.
Aínda termamos do noso para soñar outro porvir, e ha de vir

Páxina Oficial |
folk