Unha cadela chamada "Por favor" pertence ao terceiro EP de PAVA. O preciosísimo vídeo é cousa (fina) de Martiño e Antón, e gravámolo no estudio de Ju a mañá de outubro que veu Gloria a cantar. E que ben cantou.
- Guitarra, melodía, letra e voz de Lucía Aldao
- Voz de Gloria Pavía
- Baixo e cordas de David Santos
- Guitarra de Pablo Silva
- Batería de Analís
- Produción de Julián Goicoa
- Masterización de Álvaro Gallego