Biografía
As ferreñas son as uñas contra o granito
e o canto aberto da muiñeira é o puño esfarelando un torrón
As pernas arrepoliñan no camiño o baile despois dos traballos o frío tolle as maus e a pandeireta é un roubo que lle fixemos ó vrau
Hai unha gaita que lle chaman grileira o grilo ten o alento da creación
As uñas medran para marcarche o lombo e chove porque as uñas mandan nas nubes cando non van moi altas
Deus baixou hoxe axudar no sitio dunha vaca coxa e preguntou o home, Chegaralle co caldo?
Tanto era o cariño que esmagaba as uñas contra o pandeiriño
'Celso Fernández Sanmartín'