Luns 04 Novembro as 11:45h

Concerto

O Serán Desta Aldea: O Ceo - Xornada do baile comunal

  • AGG - Asociación de Gaiteiros Galegos

O vindeiro domingo 4 de Novembro a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s e o Concello de Mondariz coa colaboración da Deputación de Pontevedra organizan O SERÁN DESTA ALDEA: O CEO. Xornada do Baile Comunal en Mondariz. Unha xornada lúdica onde compartiremos tradición, tocando, cantando e bailando. Cada ano centrarémonos nunha aldea, homenaxeando ás súas tocadoras de xeito que poidamos reivindicar ás nosas grandes mestras da tradición e colaborar a consolidalas como o referente vivo que teñen que ser. Este ano a xornada estará centrada no barrio do Ceo (Mondariz) e imos homenaxear a dúas das súas tocadoras, Flora da Ponte (falecida no 2015) e Delfina dos Martas, que compartirá a xornada con nós. Tamén teremos ocasión de asistir a un obradoiro de canto impartido por Felisa Segade (Leilía), "Repertorio dos bailes de pandeireta do barrio do Ceo"; á charla “Repensando o baile comunal: novos contextos para antigas tradicións” da man da etnomusicóloga Xulia Feixoo; e ao obradoiro de baile que impartirá Montse Rivera (Leilía) "O baile nos seráns do barrio do Ceo".

Onde atoparnos