Skip to main content
... como auga que corre baixando do monte enchendo de vida o lugar. Benvides!
...Estamos no ano 25 da presente era.
Toda a Terra de Montes está ocupada… Toda? Non! Unha aldeíña poboada por irreductíbeis castrexos resiste, aínda e coma sempre, ao invasor. E a vida non resulta sinxela para as guarnicións invasoras de Cotobadum, Estradensia e Forcarelia...

Dende o lugar de Castro do Cabo en Cerdedo, chéganos de novo o convite para a segunda edición da Festa das Fontes, unha xornada festiva que pretende pór en valor o seu patrimonio material e inmaterial a quen se queira achegar a coñecelo.
Ao longo do día iranse desenvolvendo diversas actividades: pasa-rúas, intervencións musicais de varios estilos e recitais nas fontes do lugar, concertos, proxeccións, presentacións, instalacións e performances artísticas...
Ademais, con zona de acampada libre e aparcadoiro para furgos!

Zona de acapamada

Comidas para todos os pùblicos

Zona de autocaravana

Espazo seguro

Concertos

Proxeccións


Programa: 16 agosto 2025

11:00h. Cinema na corte
Apertura do noso "Cinema na corte", onde se proxectarán durante todo o día as filmacións en super-8 da Festa do Can en Castro, dende o 1980 até o 1989.

1º pase: de 11:00h. a 13:30h.
11:30h. Paseo polas fontes A TRALHA DA TERRA DE MONTES

A Tralha da Terra de Montes

Pasa-rúas dende a Piñadaghia seguindo o curso da auga e coñecendo as fontes do lugar e os espazos onde se irán desenvolvendo as actividades ao longo do día.
12:30h. Concerto PATAGHULHOS
No escenario da Llusiría.
13:30h. Concerto NIMBOS
No escenario da Llusiría.
14:00h. Xantar e merendas
Pausa para repor forzas, no souto das Lameiriñas.
16:00h. Cinema na corte
Continúa o "Cinema na corte", onde se proxectarán durante todo o día as filmacións en super-8 da Festa do Can en Castro, dende o 1980 até o 1989.

2º pase: de 16:00h. a 19:30h.
17:30h. Contos na fonte ALBA DE VALES

Alba de Vales
Contacontos na fonte da aldea de riba.

...vivir no rural, herdar o legado, sermos depositarias da transmisión, visionarias do noso momento...orellas do noso tempo, e memoria das nosas antergas. Eu son unha aprendiz nesta procura de xograresa, ás veces tímida, ás veces valente... porque á par imos entendéndonos na ferida colectiva, que precisa do seu tempo de se encontrar hoxe... nas nosas aldeas e carballeiras, nos torreiros, e tamen nos barrios das cidades.
18:00h. Danza contemporánea CAIR o
Na fonte do medio, intervención artística de danza contemporánea.
18:30h. Clásica na fonte
Na fonte da aldea de baixo, intervención de música clásica.
19:00h. Showcase GABI REBOREDO
Gabi Reboredo, na fonte do medio do lugar do Cabo.
19:30h. showcase MONOLELO
Na fonte da aldea de riba, intervención musical.
20:30h. Concerto ST E MATAFAME
Rap do Baixo Miño, no escenario da Llusiría (A Piñadághia).
21:30h. Concerto FRANCISCO GEDEÃO
No escenario da Llusiría.
Tradicional, folque e electrónica. Proposta fresca dende o irmán Portugal.
22:30h. Concerto A Máquina de Meter Medo
No escenario da Llusiría.
Dúo de zanfonas con electrónica, de Kaye Amenábar e Xandre Outeiro.
No 15º aniversario da proposta... O retorno da Máquina!
23:30h. Concerto LivePixel
No escenario da Llusiría.
Proposta de música electroacústica e visuais con Juanma Lodo e Marta Verde.
00:30h. Concerto MOUNQUP
No escenario da Llusiría.
Proposta de música experimental e electrónica da artista galego-francesa.
01:30h. Sesión PETER SÉLEK
Peter Sélek ofrece unha pinchada con Galiza como eixo e común denominador, pero transita por centos de mundos, estilos e sonoridades. Música latina, hip-hop, indie, rock, electrónica e, sobre todo, música galega. P'ra botar uns bailongos!

E ademais...

  • Instalación permanente de vídeo e proxeccións.
  • Postos de artesanía e produtos ecolóxicos.
  • Servizo de bar.
  • Postos de comida.
  • Inchábel acuático

Benvidxs à nosa aldea, Castro do Cabo.
Temos o pracer de vos convidar a unha xornada chea de música, actividades e algunha que outra sorpresa, da man da asociación Sons do Coto.

Para asegurar que todxs gocedes ao máximo, aquí tendes algunhas suxerencias importantes:

Aparcadoiro:

É mellor que aparquemos os coches e furgonetas na zona designada, que será a mesma área destinada às autocaravanas. ver mapa
Se tedes unha furgoneta e queredes chegar o venres, tamén é posible facelo. Insistimos en que veñades con tempo, xa que o evento comezará ás 12:30 en punto.

Mascotas:

Os vosos compis animais son benvidos, mais pedímosvos que os manteñades perto. A aldea está rodeada de natureza e outros animais, polo que poderían perderse facilmente...

Comida:

Podedes traer as vosas merendas, pero animámosvos a probar as delicias preparadas polos nosos cociñeiros e cervexeiros locais.

Programa:

A festa está deseñada para ofrecer unha experiencia inesquecíbel arredor do lugar. Preparamos un circuíto cheo de sorpresas que comeza o sábado pola mañá. Recomendámosvos chegar con tempo para non perderdes nada.

Doazóns:

O acceso à festa é gratuíto. Non obstante, atoparedes petos onde poderedes facer doazóns voluntarias, que serán utilizadas para cubrir algúns gastos dxs artistas colaboradorxs, seguro do evento, etc. É a nosa primeira edición, e os recursos son limitados, mais estamos certxs de que entre todxs poderemos xuntar pra convocar vindeiras edicións!

Clima:

Prevese un clima moi caloroso. Asegurádevos de mantervos hidratados e considerade traer unha sombrilla... :)

¡Agardamos vervos alí para desfrutarmos xuntxs dun evento memorábel!

Colaboran: