14 e 15 de Agosto
Su Garrido Pombo
DAMOCLÈS
Xandre Outeiro
Toda a Terra de Montes está ocupada… Toda? Non! Unha aldeíña poboada por irreductíbeis castrexos resiste, aínda e coma sempre, ao invasor. E a vida non resulta sinxela para as guarnicións invasoras de Cotobadum, Estradensia e Forcarelia...
Ao longo do día iranse desenvolvendo diversas actividades: pasa-rúas, intervencións musicais de varios estilos e recitais nas fontes do lugar, concertos, proxeccións, convivio cos maiores, instalacións e performances artísticas...
Ademais, con zona de acampada libre e aparcadoiro para furgos!
Zona de acampada
Comidas para todos os públicos
Zona de autocaravana
Espazo seguro
Concertos
Proxeccións
Programa
Música · Tradición · Foliada · Encontro
-
22:30FURADALHUSIRIA23:30XANDRE OUTEIROLHUSIRIA
-
12:30Ofrenda á Auga e Toque de BúciosRIBADAFONTE13:00MoOoMRIBADAFONTE13:30SOLIMÁN PANDEIRETEIRASLHUSIRIA🍲XANTAR POPULAR
Foliada libre · Tómbola · Pinhadághia
18:00ALBA DE VALESRIBADAFONTE18:20PASARRÚAS · OS D'AQUÍRibadafonte → Fonte de Baixo
19:00MonoLeloFONTE DA ALDEA DE BAIXO19:20PASARRÚAS · OS D'AQUÍFonte de Baixo → Ribadafonte
20:00NA OUTRA BANDA (mostra de proceso creativo)RIBADAFONTE20:20PASARRÚAS · OS D'AQUÍRibadafonte → Pinhadághia
21:00SU GARRIDO POMBOLHUSIRIA22:00GARCÍA MCLHUSIRIA23:00DAMOCLÈSLHUSIRIA23:40LAMPREA + BALUMADALHUSIRIA00:45BRUTALLHUSIRIA01:30DJ LAKENOBAILALHUSIRIA
E ademais...
- Instalación permanente de vídeo e proxeccións.
- Postos de artesanía e produtos ecolóxicos.
- Servizo de bar.
- Postos de comida.
Temos o pracer de vos convidar a unha xornada chea de música, actividades e algunha que outra sorpresa, da man da asociación Sons do Coto.
Para asegurar que todxs gocedes ao máximo, aquí tendes algunhas suxerencias importantes:
Aparcadoiro:
É mellor que aparquemos os coches e furgonetas na zona designada, que será a mesma área destinada às autocaravanas. ver mapa
Se tedes unha furgoneta e queredes chegar o venres, tamén é posible facelo. Insistimos en que veñades con tempo, xa que o evento comezará o venres ás 22:30 en punto. Importante o nucleo da aldea só para residentes.
Mascotas:
Os vosos compis animais son benvidos, mais pedímosvos que os manteñades perto. A aldea está rodeada de natureza e outros animais, polo que poderían perderse facilmente...
Comida:
Podedes traer as vosas merendas, pero animámosvos a probar as delicias preparadas polos nosos cociñeiros e cervexeiros locais.
Programa:
A festa está deseñada para ofrecer unha experiencia inesquecíbel arredor do lugar. Preparamos un circuíto cheo de sorpresas que comeza o sábado pola mañá. Recomendámosvos chegar con tempo para non perderdes nada.
Doazóns:
O acceso à festa é gratuíto. Non obstante, atoparedes petos onde poderedes facer doazóns voluntarias, que serán utilizadas para cubrir algúns gastos dxs artistas colaboradorxs, seguro do evento, etc. É a nosa terceira edición, e os recursos son limitados, mais estamos certxs de que entre todxs poderemos xuntar pra convocar vindeiras edicións!
Clima:
Prevese un clima moi caloroso. Asegurádevos de mantervos hidratados e considerade traer unha sombrilla... :)
¡Agardamos vervos alí para desfrutarmos xuntxs dun evento memorábel!

