Se ti vira-lo qu'eu vinhe
fuxias coma eu fuxinhe
unha cobra a tirar ághua
e outra a reghá-lo xardin
Pasei pola tua porta
Pedin-ch'augha e non ma deches
Cando pases pola miña
farei como ti fixeches
Cartas van e cartas veñen
cartas van polo correo
de que me serven as cartas
se o meu amor non o vexo?
O patrón botou-me fóra
e non foi por cousa mala
que foi por mollá-la pluma
no tinteiro da criada
Teño ouro, teño prata
teño calderilla e cobre
de todo che teño un pouco
menos d'amor, que son probe
Vai à merda co teu gharbo
e co teu barreño tolo
nin ti eras para min
nin eu para ti, tampouco
Tanto me ten que me fales
como que pases calado
pena por ti non a teño
loito por ti non o traio
Maruxiña, meu encanto
Xa che traio médio quilo
d'iso que che ghusta tanto
Escribia-ch'unha carta
era de noite e non via
s'alghunha letra vai mal
dispensa-me, prenda miña
se ti ma souberas ler
se lla das a ler a outro
volaí-vai o meu querer
Olvidaches-me por probe
e eu a ti por vinculeiro
inda ti non é-lo ghalo
que cante no meu poleiro
Eu querer, quero-che ben
tan só me falta saber
se me ti queres tamén
Eu teño cinco xustillos
e os cinco emballenados
tamén teño cinco amores
catro viven enganados
Tua nai foi a da culpa
por deixá-la porta aberta
e eu por meter-me dentro
e ti por quedar-te quieta
Non hai cousa que non haxa
dendes que hai pandeiretas
que as mulleres cando bailan
freghan contra o home as tetas
Maria, ti é-lo demo
sempre m'andas atentando
ou no rio, ou na fonte
sempre te atopo lavando
As estrelas son testighos
a lua é secretária
esta noite, miña vida
coa man dereita, e palabra
O amor que há-de ser meu
hei-no d'escoller a dedo
que non sexa pequeniño
nin ghrande que meta medo
E se foi, se foi
n'ò deixaras ir
abriches-ll'as pernas
botaches-te a rir
Anda dicindo tua nai
que non me quere p'ra nora
inda eu non decidin
se eu a quero por soghra
Eu non sei que me fixeches
cando fomos a Abuín
eu solo recordo ben
qu'estabas riba de min
Detrás dun toxo pequeno
deches-me un bico, meniña
puxeches-lle tanto xeito
que nin o toxo nos via
Paso pola tua porta
sempre me cai o sombreiro
de mirar prà tua ventana
por se ten bo subideiro
O tranvia do Porriño
chocou co barco de Cangas
e unha vella que ía dentro
rillou un par de tamancas
O cura ten un paxaro
non sei que paxaro é
alá pola média noite
pon-se o paxaro de pé
Vinde, mozos, ò serán
as mociña-las de Fofe
deixai-as ir, que xa van
Costureiriña gharrida
Aí che vai a lanzadeira
Por antr'as pernas arriba
Lindos ollos ten a cobra
cando mira de repente
vale máis un desengano
que andar enganada sempre
Este noso amiño d'hoxe
te-na sona de moi rico
hei-no de levar à feira
d'acabalo dun borrico
Hei-te d'amar, paxariño
hei-te d'amar, a máis hei
non me perda-lo cariño
non che perderei-na lei
É da cor do canastro
Tienes el culo*
Anque non cho mirara
Ben mo fighuro
Amadeu perdeu as vacas
a calquera lle acontece
as vacas xa van no eido
e Amadeu non aparece
hei-te d'amar ghorrión
hei-te d'amar, paxariño
de dia, e de noite non
Da túa ventana* à miña
hai un salto dunha cobra
inda lle hei de chamar
à túa nai, miña soghra
Inda onte me dixeron
Vindo do adro de Ermelo
Que che apalparan as tetas
A mai-lo remendo neghro
Como te pille no prado
como te pille máis veces
hei-che de meter no corpo
erva para nove meses (!)
Non entendo ese latín
nin tampouco ese latón;
se queres que che conteste,
muda de conversación
Teño unhas castañolas
feitas de madeira seca,
traio-as na faltriqueira,
toco-as cando me peta.
Tropecei, caín na lama
e logho m'alevantei
sacudín o meu capote
conforme estaba, quedei
Ai, que alta vai a lúa
por debaixo do tellado
como queres que te queira
con ese rabo delghado
Vale máis un toxo verde
prantado na miña horta
ca unha mala veciña
d'arredor da miña porta
Se chove, deixa chover
se orballa, deixa orballar
qu'eu ben sei dun abrighiño
onde m'hei d'ir abrighar
Aperta o sapato
E aperta, José
Que che cai do pé
Como che vai, miña Rosa?
Como che vai, miña flor?
Desde que ti me deixaches
A cada paso, millor
Malo raio parta o raio
que o meu cabalo fendeu
se non fora o malo raio
cabalo inda tiña eu
Veña a peste, veña a peste
pola folla do tabaco
e que veña polos homes
que non queden senón catro
As ervas do campo secan
E volven enverdecere
Así fan amores vellos
Cando se volven a vere
P'ra que me dixeches, deño
que tiña cara de rosa
dende entón cando te vexo
dá-me asi como verghoña
Sei un cento de cantigas
e máis unha saquetiña
se me tiran polo xenio
desátoll'a baraciña!
O cinto da tua blusa
xa se non usa color café
non quero a tua riqueza
quero a pobreza do meu Xosé
Aghora vou a cantar
que parece que dá ghusto
ver este baile bailar
A pulgha salta da cama
e da cama salta ao chan
do chan salta pra unha perna
e da perna, ao mazapán
Asubín ao alcipreste
e beixei de nó en nóe
Ti falas con cantas queres
Eu falo contigho sóe
Hei-te d'amar, e máis hei
non che perderei a lei
Aleghre é a vida do rico
Porque ten no que ghastar
As aleghrías do probe
Son anuncios dun pesar
Costureira melendrosa
Delicada no comere
Vai-te detrás do teu amo
Qu'eu non te podo mantere
Xa fun a Marin
As pernas che vin
Aquel bicho neghro
Botaba-se a min!
Faláchesme de casare
E ieu casar, casaría
se a vida de casada
fora a do primeiro día
xa se non usa, toma demónio!
quero a pobreza do meu António
Se eu lla soubese ler
respondia à sua cartinha,
Quen me dera de saber
se sua saudade é igual à minha
Por dicir "viva san Roque"
Prenderon a meu irmán
Aghora que xa o prenderon...
Viva san Roque e o can!
Miña soghra aforradora
do que non pode ghastare
inda ten un unto vello
dun porco que ha de matare
Vamo-nos d'aqui que é hora
Pasa o carro das estrelas
por riba das casas novas
O cura pedir, pediu
Tres criadas ao bispado
Dixéronlle que non tiñan
P'ra andar nelas d'acabalo
Vai-te d'aí, cabelo mouro
que xa non te quero máis
anque te coronen d'ouro
Mira aquel que anda no baile
soxeita ben os calzós
quen lle dera dentro deles
un ferrado de abellós
Pola cona que te fixo
e os collóns que te bateron
nese pantalón non levas
máis ca un bo torrón de esterco
Hei-che de dar viño tinto
sopas de pan barolento
comigho raña-la pava
con outros pasa-lo tempo
O carallo vintenove
foi á feira dos nobelos
se mo vedes por alíe
dádelle a carne con pelos
Ou porque non queres
Ou porque non sabes
Ou porque che faltan
As habelidades
Caravel, caraveliño
caravel, caraviñol
o día que te non vexo
para min non raia o sol
Hei de facer unha ponte
da casca dunha urceira
para me pasiar nela
desd'Alén par'A Cruxeira
Miña virxe do Calambre
todo-los homes pequenos
teñen o carallo ghrande!
Miña nai mandou-m'à fonte
cun vaso de cantería
Nin bebín, nin troien ághua
nin falei a quen quería
Hai tanto burro a mandare
en homes de intelixéncia
que às veces dou en pensare
que a burrámia é unha céncia
Se as conas tiveran dentes
E morderan con firmeza
Estaría o mundo cheo
De carallos sen cabeza
A folla do castiñeiro
ela, de verde, non roxe
moito traballiño ten
andar atrás de quen foxe
Unha vella de Xustáns
díxolle á de Taboadelo
ghaño máis cartos coa cona
que o ferreiro co martelo
Miña sogra é estanqueira
vendedora do tabaco
aghora que vai no inferno
háo de vender barato
Hoxe rúa, haina, haina
Hoxe rúa ha d'haber
Ela ha de ser en Castro
Ela en Castro ha de ser
Miña virxe da Peneda
tan altiña se foi pór
por un lado ten Arcade
polo outro, Soutomaior
Seica a cona non ten fundo
ai, a cona fundo ten
se o carallo é pequeno
a cona, que culpa ten
Ven-te comigho se queres
pasaremos por Limeres
Aghora que ma puxeron
A pandareta na man
Se me peta na cabeza
Canto d'aqui a mañán
O cura de San Martiño
non ten saia nin capelo
que viva o noso de Castro
que o ten de terciopelo*
Se pola mañán preghuntan
Quen eran as da parranda
Di qu'eran as do Seixido
Porque nelas nádia manda
Salgheiros prantei de póla
Amieiros de raíz
Amores que fostes doutro
Para min xa non servís
Hei-me de casar este ano
se non me caso, rabeo
que xa fagho trinta anos
prá seghada do centeo
Olvidaches-me, olvidei-te
nada che quedei debendo
deches-me carta de pago
dei-ch'o recibo correndo
O rio vai monte a monte
Os mociños de Folgoso
Os que non pasa-na ponte
O meu amor, onte á noite
Pola miña porta andou
Seica andaba ancomodado
Que pasou e non falou
O cantar e o beilar
non é vergoña ningunha
vergoña é marmurar
da vida de cada unha
O candil, por estar alto
Non deixa d'alumear
O amor, por estar lonxe
Non deixa de m'acordar
Asubias-me de lonxe
Como can que vai perdido
Eu non che son can de caza
Que atenda por asubio
Vai-te d'aí non m'atentes
Que collo a culler do caldo
Bato-che coela nos dentes
O carballo da Portela
dá catro clases de frutos
bughallas e bughalletes
landras e mazás do cuco
Dá tres carros de madeira
Un p'ra min, outro p'ra ti
Outro para que-no queira
És com'unha rán en cuiros,
un sigharro sen camisa,
un leghartiño ó sol,
un sapo morto de risa
Salgheiros de pé do río
Raízes da ioutra banda
Eu queria-te falar
E o corazón non me manda
Sachadeiras do meu millo
Sachai-m'o meu millo raro
De milleiro a milleiro
Que caiba un home deitado
Se o mar tivera varandas
Ia-te ver ao Brasile
Mai-lo mar non ten varandas
Meu amor, por ond'ei d'ire
Olvidaches-te de min
por amar unha veleta
foi-che coma quen cambiou
pano fino por baeta
Xa vou dá-la despedida
Non vo-la quixera dar
Que se van as camaradas
Non me queren aghardar
Pandeiro de catro esquinas
Non se toca cunha man
Dai-llo à miña cuñada
A muller de meu irmán
Vós que levade-la iaña
Mociñas do cabeceiro
Levarede-lo carneiro
Manüel fixo unha fonte
botou-ll'o bico de prata
as mozas non beben nela
Manüel todo se mata
botou-ll'o bico de pedra
Manüel todo rabea
Teño pulgas na camisa
Na saia teño piollos
Como teño tanto gando
Ós viciños cán-ll'os ollos
botou-ll'o bico de vidro
Manüel mata-se vivo
Se soubera que ti dabas
Pasadiñas por me ver
Tamén t'eu daba palabra
Doutros amores non ter
Manüel, Manüeliño
tantas veces, Manüel
miña cariña de rosa
meus olliños de papel
Chamáchesme piro cairo
porque nacín en xaneiro
deixa vi-lo mes de maio
qu'eu subirei ò poleiro
por ti doi-m'o corazón
que dormes con catro cabras
metidas na habitación
Namorei-me na bonita
Porque ela cantaba ben
Aghora morro de fame
E o cantar non me mantén
Loureiro, verde loureiro
Malo raio me non parta
Inda non tomei amores
Xa me traés marmurada
Os mociños que hai aghora
E mai-los que aghora vén
Pegha-ll'a rábia no corpo
Porque lle a barba non vén
O candil que non alumbra*
Non se colgha na parede
O amor que non é firme
Non se fai máis caso dele
De Toutón a Redondela
Para paseiar as mozas
E recriar-me con elas
Aluméame, luceiro
Para ir e vir de noite
A ese lughar de Loureiro
En Soutelo hai boas mozas
Figheroa ghana delas
dando a volta por Vilar
carabillas pr'às cancelas!
Asubía, que vai vento
Tamén ch'eu asubiaba
cando era do teu tempo
Cara de cañoto seco
Cala-te, vai-te calando
Qu'eu contigho non me meto
Eu sei apañar no toxo
Tamén o sei encarrar
Tamén sei tomar amores
Tamén os sei olvidar
Alabado seia* dios*
que xa veu a barateza
van os homes a real
catro van nunha peseta
Verbo xido, miña purria
Que intervás por areona
Hei-che de valdri-los zúrrios
E rosmarche na morrona
Case, case, que te quixen
case, case, que t'amei
por culpa do case, case
case contigho casei
Aquela que anda no baile
Aquela da mandileta
Que se vaia preparando
Pra tocá-la pandeireta
Bota-lle máis leña ao lume
Anque* sexa da puleira
Que van entrar a beilare
As mozas da Canceleira
case, case que t'amaba
se non fora o case, case
case contigho casaba
cara de leite batido
inda me dixeron onte
que tiña-lo anghanido
A moda de namorar
Esa non a saben todos
O namorar vai no rir
E máis no mirar dos ollos
Eu pedin-ll'o leite à vaca
e a vaca pediu-me a erva
eu pedin-lle a erva ao campo
e o campo pediu-m'a regha
D'aqui d'onde estou ben vexo
dous olliños nun burato
ou son os do meu amor
ou son os d'alghun lagharto
Acabóusem'o tabaco
acabou-se-m'o fumare
acabaron-se-m'as falas
que tiña para che dare
Amores, cortei un dedo
Amores, foi ben cortado
Quen te-no mal que o xema
A min non me dá coidado
Catro cornos para ti
catro para tua nai
toma, leva-ll'estes catro
p'rò cornudo de teu pai
Apartá-lo, apartá-lo
O tinto do amarelo
Tamén a min me apartaron
De quen eu queria, e quero
Asubin por unha liña
E beixei por unha xesta
Serves pra vaca de carro
Que levantas ben a testa
Aghora xa s'acabou
O tempo que t'eu amaba
Tres anos e mais un dia
Mira que cegha eu andaba!
As ferriñas na varanda
Viva quen anda d'amores!
Viva quen d'amores anda!
A Candelória no Pegho
o Ecce-homo en Cerdedo
santa Apolónia en Quireza
para mozos, Sabucedo
O viño tinto do branco
De quen eu queria tanto
Aughiña do pozo clara
Nada a cobra e beb'o peixe
Anda-me con lealtade
Non temas a qu'eu te deixe
A Arcos hei de volver
que me quedou a mantilla
no adro sen recoller
Arriba, que abaixo non
Onde se dá a laranxa
Tamén se dá o limon
A raposa anda descalza
Porque non ten que calzar
Calzaba unhas zapatillas*
Se llas deixaran roubar
A lua vai encuberta
con panos de tafetán
olliños que a min me queren
nesta terra non están